Páginas

jueves, 12 de mayo de 2011

As formas estructurais de crecemento urbano.

Las formas estructurales de crecimiento urbano. Manuel de Solá-Morales 1997

Pensamento: o problema da cidade é o crecemento. A cidade non existe se non hai crecemento. Podemos estudar a cidade en base a isto. Estudiarémola a partir da xénese da forma (estudio estructural) e da xénese dos factores que a explican.

As formas estructurais son aquelas que levan implícita a estructura do crecemento da cidade. "Se tipifico os procesos de formación explico as distintas etapas de formación da cidade e explico tamén as razóns da forma e a súa xénese". O que fai é unha clasificación de formas, que el chama estructura, que están presentes no crecemento da cidade, distinguindoas segundo as súas homoxeneidades.

Factores que explican a xénese da forma: se tipifico a forma de crecemento da cidade, explico as bolsas de crecemento. A idea fundamental do libro é o coñecemento. A importancia da complexidade que ten, xa que non medra de forma lineal senón que medra de xeito diferencial. Cada cidade é unha realidade diferente (metrópoli, grande, mediana, pequena...)

O estudo do crecemento a través das actividades,  servizos... o que realmente nos interesa é o estudo do crecemento, os demáis son estudios parciais.

Os elementos básicos que conforman a cidade:

  • a estructura do solo: morfoloxía, tipoloxía (parcelario)
  • as redes de infraestructuras(de urbanización)
  • a construcción de edificios (edificación)
Tres infraestructuras, de soporte P, parcelación; de servizos U, urbanización; construcción, tipoloxía edificatoria E. Estes tres parámetros son os que explican o proceso constructivo.

Método: recoñecer as formas de crecemento de forma organizada. Recoñece unha serie de formas. Clasificaas como formas estructurais de crecemento recoñecidas e non recoñecidas.

Entre as recoñecidas polo planeamento:
  • ensanche P, U, E
  • polígono PUE
  • cidade xardín U,P,E
  • crecemento suburbano U, PE

Entre as non recoñecidas polo planeamento
  • barraca E
  • invasión P
  • procesos marxinais PUE
Solà-Morales recoñecerá estas formas en función dos parámetros. Estudia o orden destes parámetros.

Ensanche, permite moitas posibilidades e crecemento
Polígono o propio polígono dificulta a conexión, a continuación co resto da cidade.
Cidade Xardín, a definición da parcela é fundamental. Pasear por ahí implica ver os peches das parcelas. Gran forza do peche, da individualidade e da diferencia. A parcela é o elemento significativo. Neste tipo de forma, proxectar é realmente iso.

O concepto que está detrás dos parámetros e as formas estructurais está a estructura. As construccións deben levar asociado un xerme estructural, debe levar implícito algo máis que permita a apertura, que non se cerre en sí mesmo. Sempre ten que haber un elemento explicativo que vai máis alá da distribución, ten que prever e permitir os cambios. 

Ahora explicaríase a ideoloxía, a xestión, os antecedentes e o pensamento que hai detráis do proceso de cada forma. Solà-Morales aumenta a xestión (privada, pública e cooperativa)

Ensanche: ideoloxía (cidade nova, burguesía, casa de renta) xestión (pública da parcelación e privada da edificación. Desenvólvense a partir dun plano e dunha ordenanza)  Antecedentes: cidades trazadas das bastidas, as cidades americanas de Felipe II... Pensamento: parcelación en malla, capacidade de transformación, a representación dunha nova cidade...