Páginas

jueves, 12 de mayo de 2011

A revolución urbana.

La revolución urbana. Henri Lefebvre 1972.

Redacta a cidade, analízaa tal e como se está a desenvolver nese momento. Estamos nun momento de reflexión e crítica da cidade. Analiza as cidades a partir das diferencias. En todas elas se producen fenómenos de forma diferencial. Parece que lle chamamos cidade a calquera contínuo construido...

A cidade exténdese polo territorio, pero máis que unha cidade diluida, ¿que é? A cidade é algo que está colonizando todo o territorio, morte do rural.

As necesidades son todas diferentes, ocupa todo o territorio. O mundo rural parece desaparecer.

Solo poderá estudiar o medio urbano a partir dunha hipótesis. Xa temos que considerar todo o territorio como posible para habitar e supoñer o 100% do territorio pode ser urbanizado.  O mundo rural consérvase coma unha reserva. En moitos lugares xa ocurre. O mundo rural vai desaparecendo e a cultura que o acompaña tamén. A cidade absorbe o rural. Polo tanto aparecen trozos de cidade no campo que non son rurais.

Ata os elementos naturais máis salvaxes xa están controlados. A cidade medra por paquetes.

Se o  100% se pode urbanizar, todo o territorio pode ser urbanizado, pero non todo o está, é un punto crítico despois da cidade postindustrial.

Formas anteriores de cidade:
A cidade política: a cidade organizada dende o poder. Aparecen os cartos, son propiedade móbil. Non estarán nas cidades os portos e aquelas actividades que representan outra cousa que non son os nosos espazos.

XV. A cidade comercial, caracterizada polo mercado; o espazo de contacto é comercial, o de intercambio, cambio na organización do espazo, aparecen os mercaderes, que se asocian .

Cidade da revolución industrial. Rotura das estructuras sociais e haberá un gran trasvase do campo á cidade. A industria necesita a forza de traballo, gran cantidade de xente. Paso dunha economía doméstica , de manufacturación a unha economía de fábrica. A cidade Industrial aparece donde xurden as fontes de enerxía  e acompañan ás cidades existentes, onde reside a man de obra.  Aparecerán os sindicatos, as leis sanitarias...  Pasa a ser unha cidade de códigos.

Cidade postindustrial. Fala da cidade dos anos 70, a cidade que él está vivindo (Lefebvre). Transformación da industria, loita contra a industria.  O crecemento da cidade.

A cidade segue sendo un lugar de concentración de xente, de enerxía, de poder, economía e relación. Leva asociado o concepto de disolución, cada vez expulsa máis certas funcións. Punto crítico: punto no que se recoñece o fenómeno de concentración e expulsión. A urbanización é global, polo tanto, xa non podemos falar de cidades senón da problemática urbana.

Non sabemos como é a forma da cidade porque non sabemos como é a sociedade que a representa, como é a estructura social. Cambiar a cidade.  Postura: revisión crítica que estudia os procesos que están a producirse na cidade.