Un proxecto incumplido, queda a idea e pouco máis. Algúns fragmentos. O crecemento nas nosas cidades foi levado a cabo dun xeito maniqueo, collendo só o que interesa e rexeitando partes. Ex: as vías 7 de Le Corbusier, un parque para todos os cidadáns.
Falta o detalle de preguntarse como viven de verdade a xente das cidades. Non recollen a intimidade da poboación, as características dos asentamentos do pasado. A proposta é un espacio aberto que se completa nun fluxo contínuo. Para conseguir a integración do espacio aberto no espazo urbano aparece o Team X, que entenden a cidade coma un sistema de lugares.
O Plan de Amsterdam establece as bases do futuro planeamento.
O Team X revisión a ese urbanismo. Contiuidade que analiza e actúa sobre estes presupostos. As aportacións de Le Corbusier son a análise fronte á toma de datos, as preguntas e a súa resposta, a capacidade de abstracción de datos pero sempre facendo evidente a identidade do sitio.
LC analiza o que hai, aplica o su modelo e é quen de cambiar a sociedade.
Páginas
Mostrando entradas con la etiqueta le corbusier. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta le corbusier. Mostrar todas las entradas
jueves, 7 de abril de 2011
Urbanismo do Movemento Moderno. O plan das 7 vías de Le Corbusier.
Le Corbusier teoriza en paralelo á práctica. Teoría válida para aplicar e así transformar o uso da cidade. É un método científico basado na análise. Achegamento a base de preguntas, ten que buscar sistemas creadores de orde. Entende como principal o sistema das sete vías (crean e organizan o espazo a través dun sistema de creación de orde):
Bogotá 1947. No ano 45 fírmase o plan regulador de Wiener e Sert. No ano 49-50, entregase o documento. No 52 golpe de estado e non se leva á practica a totalidade do Plan. Quedan fragmentos que recordan a forza dese urbanismo.
Características destacables:
- via 1, veñen de lonxe, a través da cidade e do campo
- via 2, creadas polos enxeñeiros, trazadas, colectores de circulación. Vanse adaptando ás circunstancias.
- via 3, vías intermedias que alimentan ás 4, sen beirarúas, só de conexión
- via 4, vida cotiá, armoniosas, nelas situanse os servizos da vida familiar, tendas, cafés, talleres dos artistas. Vencelladas a un amplo espazo de relación, dotadas de beirarúas e árbores. Os coches pasarían ó ralentí, e os homes á sombra dás árbores (isto esta a dicilo nos anos 40) é a rúa da vida, e entende a vía vencellada ás relacións da vida cotiá.
- via 5, alimentadas polas 4, son as vías de conexión coas vivendas
- via 6, conexións interiores
- via 7 reservadas a conexións de vías arboladas. Cruza todo o resto do tecido. Liña de verde onde se colocan os equipamentos de lecer e de tipo cultural.
Bogotá 1947. No ano 45 fírmase o plan regulador de Wiener e Sert. No ano 49-50, entregase o documento. No 52 golpe de estado e non se leva á practica a totalidade do Plan. Quedan fragmentos que recordan a forza dese urbanismo.
Características destacables:
- Relación da cidade co marco xeográfico. Relación da cidade-territorio. Chandigarh - Himalaia, Bogotá- Cerro de Monserrate.
- Definición dun novo centro urbano para a cidade moderna, fiel aos principios da Carta de Atenas. Chandigar con centro ex novo, Bogotá con un centro histórico (problema)
- Concepto de sector urbano, mazá a unha escala nova 800 x 1200m (cambio de escala)
- Reflexión sobre a relación coa cidade existente. Cobra importancia a vía 7, infíltranse no interior do sector e forman unha malla autónoma que aporta continuidade.
- Creación dun centro cívico, edificios emblemáticos, que acollían as funcións ministeriais. Distinguir o centro administrativo do centro histórico)
Obxectivos:
Restituir relación entre a forma da cidade e a base xeográfica
Creación de parques lineais que penetran no territorio e no centro urbano
Concepto de illa, mazá, reflexión sobre o sector
Repensar o novo centro urbano, relación cos principais lugares públicos tradicionais da cidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)