Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta pirámide de habitantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pirámide de habitantes. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de noviembre de 2010

Pronóstico e composición da poboación

-Coñecer o número e tipo de xente

-Formas de pronóstico:

  • método de proxección aritmética, gráfica poboación-tempo 
  • proxección xeométrica (non conta coas migracións)
  • método analítico: introduce variables coma os feitos económicos e sociais. Fanse segundo o desenvolvemento da sociedade. Variables a considerar no control da natalidade (tendo en conta o tempo de pronóstico) Levan a mecanismos de regulación como pode ser o control da natalidade.
O pronóstico ten riscos de erro, xa que non sempre se acerta coa introducción de variables, nin tampouco se pode prever con moito tempo por diante (mellor para pronósticos de poucos anos)

-Composición da poboación. Coñecer a estructura biolóxica dunha poboación, idades e sexo.  Como expresión gráfica representase coa pirámide de poboación, que representa a diversidade da composición da poboación por idade e sexo, representa porcentaxes.  

Na pirámide pódense ler feitos como guerras ocasionais, emigración, refléxase a evolución, as condicións socioeconómicas. Mostra a diversidade da composición do agregado humano. 
Xeralmente as mulleres teñen máis lonxevidade. Actualmente en Galicia existe unha pirámide invertida (máis ancha na parte superior)

jueves, 4 de noviembre de 2010

A comunidade biótica

As relacións, a trama da vida, fórmase nun contexto do medio. Isto significa que lle da espacio. A comunidade biótica é un espazo, é un elemento espacial. Como ten que ver coa vida ten que ver tamén co tempo. Unha acepción pode ser "un conxunto de animais e prantas que conviven nun hábitat determinado e que polo seu grado de relación constitúen unha unidade recoñecida". (agregado de organismos que se adaptan ao lugar)

Comunidade: unidade de vida asociada. Formación de especies que responden de xeito colectivo ás condicións do medio. Entidade dun conxunto de organismos que se adaptan ao medio.  A comunidade biótica son polo tanto conxuntos recoñecibles.

A comunidade biótica estudiase pola forma de organizarse e polo seu desenvolvemento. Dada a complexidade dunha comunidade biótica provoca que sea dificil de estudiar, pero é mais doado analizala por partes. Estudiamola a través das seguintes características (elementos universais):

  • hábitat
  • nichos
  • cadea de alimentos
  • dominación pirámide de habitantes
  • equilibrio
Estas características son fundamentais para o estudio dunha comunidade biótica.

Organización da comunidade biótica (comunidade/medio)

HÁBITAT condicións físicas e químicas que distinguen unha unidade de espacio doutra. É a descripción do lugar, do domicilio dunha comunidade. Refírese ás condicións físicas e químicas dun lugar. Son os estímulos aos que os organismos teñen que responder. Son as condicións externas que afectan ao organismo, son características concretas.

NICHO rol, papel funcional de cada especie dentro da comunidade. Refírese ao que os organismos realizan dentro do hábitat. A comunidade é unha organización de nichos. Os nichos son como os eslabóns da cadea de alimentos, polo tanto, a comunidade podería considerarse coma unha pirámide con máis nichos na parte inferior.

CADEA DE ALIMENTOS papel de cada especie e relación dunhas coas outras. O coñecemento das relacións, dos organismos, o número de organismos é importante para definir esas relacións.

Regulación do número de habitantes. existe para cada especie e para cada xeito de vida, un número óptimo de organismos. Calquera variación afectará ás especies que o rodean. É importante buscar o número de individuos adecuados, búsqueda dun equilibrio. O equilibrio chegará cando se consegue que a demanda coincide cos requerimentos.

O equilibrio só ten sentido en comunidade, entendida como elemento único ou conxunto armónico.