Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta arquitectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arquitectura. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de febrero de 2011

O territorio construido

Falamos do territorio porque nos preocupa a súa forma, como concepto dinámico, estudiamos o territorio coma un proceso que nos explica. Entender o proceso como algo dinámico, un proceso de asimilación das formas latentes e a relación co lugar e as actividades do home. A agricultura explica unha gran parte fundamental da construcción do espazo. O territorio mostra o grao de control do home sobre a natureza.

 
  1. Agricultura: control da natureza e control das condicións e dependencias dos axentes que contribúen ao espazo agrícola. O espazo agrícola pendente dos axentes que determinan a súa forma, como ex. as estacións.
  2. Sociedade. Propiedade, explotación. Características da poboación e desenvolvemento das súas técnicas. Condicións económico sociais.
  3. Actividade. elemento que une a capacidade do chan, a capacidade técnica e a estructura parcelaria. Relaciónase e xera forma. Se non hai actividade o resto de cousas carece de sentido. A actividade é a que xera o espazo, a forma, uso , necesidade. A forma do territorio fala de actividade xenerada e que xenera espazo.

 
Territorio: calquera territorio ten isto combinado:

 
  • actividade (parcelario) xe non se xenera actividade non teñen valor as demáis.
  • move (camiños)
  • vida (arquitectura)
A cidade medra nun espazo agrícola, segundo a técnica e xéranse unhas actividades, reflexo da necesidade e do uso.

Metodoloxía: parcelario orixinal /parcelario de mobilidade/ parcelación urbana

 
O parcelario. Arquitectura do solo que se podería estudiar a través do uso. É testemuña da actividade, o duso, movilidade, vida da poboación. O primeiro parcelario responde a unha rede de tipo agregativo, as pezas engándense unhas ás outras ao redor do núcleo. Nace da bontade de unir o núcleo coa sua zona de cultivo. A él superponse un parcelario de mobilidade, as estradas. A través do parcelario podemos entender a historia e as distintas fases de colonización dese territorio.

 
A parcelación urbana, habitualmente cuadrícula para maior aproveitabilidade, é proxectada. Estes tipos xéranse e combínanse (territorio mesturado)

 
O territorio estúdase a través de formas, vestixios. Ver as xerarquías no espazo. Entender os puntos singulares (muros, noiros, taludes, puntos de encontro...) 

 
Os camiños
Los caminos en la historia de España. Gonzalo Menéndez Pidal. 1951. 
España y sus caminos. Gonzalo Menéndez Pidal 1992
Historia de los caminos y el transporte. Claudio Boada

 
Camiños. sendeiros. Lévan ao parcelario. Do núcleo a fora. Responde á necesidade de ir aos cultivos (por costume). Nace do coñecemento do sitio, depende da súa tecnoloxía. (o camiño do carro ten algo máis ca o ancho do carro 1,60m que se modifica ao chegar o tractor) Os vestixios dos camiños explican a sociedade.

 
Historia dos camiños. Os romanos transforman o camiño de necesidade a tránsito. Proxectos das calzadas romanas. Miden a carga e pendente en base á pendente cara abaixo. Aparecen as primeiras pontes. Aparece o xugo flexible (forma de atar o animal ao carro) É unha vía para colonizar (importancia tamén dos portos, dirixindo a estructura dos camiños)

 
Camiños na Idade Media. Desaparecen. Xorde a relevancia dos puntos de entrada na muralla. Na I.M. sustitúese o camiño coñecido por múltiples trazados. Xorden os mosteiros. Camiños conectados. Comezan a xurdir as cidades e feiras. Unen a producción agrícola co seu mercado. Os mosteiros non teñen feiras, pero están nos lugares máis axeitados para a vida. A feira é o lugar máis accesible, o mosteiro está no lugar máis conveniente.

 
No S XV. Os Reis. Significación de posto de seguridade no camiño. Organízase o tráfico pola necesidade de transporte. S XVI aparece o correo. No XVIII o primeiro plan de rede viaria (cos Borbóns) Camiño ligado ó progreso (comunicación e modernidade) Vencellados aos camiños situaranse os demáis elementos

 
O camiño pasa a ser organizador e punto de localización dos distintos elementos da vida urbana e social.  No XIX aparece o ferrocarril. Cando pasa polo territorio divídeo. Ó seu carón desaparece o parcelario. Só se significa na estación. Alí xurdirán varios puntos de comunicación e accesibilidade. O tren artella o territorio a través das súas estacións.

 
Hoxe en día volve a ser unha gran transformación (AVE, autovías, autoestradas) rompen o territorio. Xeran outro parcelario. Nos puntos de conexións aparecen outras relacións, os poligonos industriais.

 
Camiño=enerxía

 
A arquitectura é o espazo no que se desenvolve a vida da comunidade. A residencia é a arquitectura estable do territorio. É elemento de adaptación, explica o territorio, é instrumento agrario e mostra os desexos e necesidades da sociedade.

jueves, 28 de octubre de 2010

Organismo e medio II

O importante son as relacións que se establecen entre os organismos e o medio. A arquitectura fai o que non é capaz de facer a natureza. A arquitectura é complementaria á natureza, ao medio e ás formas de relacionarse.

A loita pola vida (síntese entre organismo e medio), relación do organismo co mundo exterior. Caracterízase por pretender subsistir e procrear (moverse e reproducirse) (condicións fundamentais da vida)

A arquitectura é unha loita contra o límite, a ser capaces de loitar contra as condicións. A arquitectura é unha loita por controlar as necesidades do organismo e coñecer as necesidades do medio.

Adaptación: problema central da vida. A búsqueda do equilibrio entre organismo e medio e das condicións externas que proporcionan os materiais para a existencia pero que tamén impiden a súa expansión. Os materiais proporcionan vida e limitacións.

O organismo responde sempre ás condicións do medio pero o medio non responde ao organismo. A adaptación é un proceso continuo e constante. O organismo e o medio están en continuamente establecendo relacións.

O organismo cambia, cambia o medio, o medio cambia o organismo.

O medio é o elemento resistente, o home é o elemento flexible e variable nun medio que o vai cambiando. Calquer obxeto que vemos no territorio ó obxeto dun esforzo. Sostible a buscar unha solución a unha procura de esforzos para resolver as necesidades. (Isto último non é de Amos Hawley)

A adaptación representa un tempo ademáis dun esforzo.A adaptación temporal ás condicións.

A actividade é un reflexo do tempo no que se produce e do esforzo.

jueves, 14 de octubre de 2010

Organismo e medio

Para calquera tema de investigación é importante definir o ámbito de aplicación.

Materia viviente e non viviente. O máis difícil é definir a palabra vida. Hai un rasgo distintivo da materia viva, a capacidade de movemento. Só as cousas vivas poden realizar unha actividade. As funcións da vida, medrar e reproducirse.

O gran problema da arquitectura é o non asumir a capacidade de movemento. Non é bo nas restauracións intentar imitar o feito noutros tempos, a vida vai cambiando. Calquera manifestación da vida leva vinculada outra cousa.


  • capacidade de variación ilimitada
  • responde ás condicións externas
  • podese mostrar de forma moi distinta
  • a vida está variando constantemente
  • conleva necesariamente un espacio no que realizar a súa actividade.


A vida é unha síntese entre organismo e medio.

O medio engloba todos os factores e forzas externas aos que resposta, efectiva ou potencialmente, un organismo ou agregado de organismos. O medio é o conxunto de formas externas.

¿que comprende o medio? as materias primas da vida e as condicións que afectan ao seu uso. Tanto organismo coma medio están nun proceso contínuo de adaptación. O medio é sempre un elemento escaso. Hai unha variedade ilimitada de posibilidades, como pode ser a temperatura, o clima, a explotación... O medio está sempre suxeito a cambios destes fenómenos.