Abel Bouhier. La Galice Essai geographique d´analyse et d´interpretacion dun vieux complexe agraire. 1977.
Xaquin Lorenzo. A terra. Historia material de xeografía e Historia de Galicia.
Ramón Villares Historia de Galicia 1991
José Fariña Tojo Los asentamientos rurales en Galicia 1980
Ramón Otero Pedrayo Guía de Galicia 1945
Galicia ten 29.000km2 e uns tres millóns de habitantes, pouca densidade. 31.000 poboacións, dispersión. Hai a metade de entidades de poboación de España, sendo o 7% da poboación. A parroquia ten entorno aos 10 km2.
A poboación tivo unha importante migración nos anos 20 e 30 a América, sobre todo a Arxentina. Nos anos 60 e 80 migraron 80.000 persoas a Europa. Tamén houbo unha gran migración interior a Madrid, Barcelona e Vizcaia.
Otero Pedraio: a historia está relatada nos camiños.
Todo o territorio está humanizado. Por iso todo está nomeado. Existen fundamentalmente tres elementos que organizan o territorio. Castro, vila e parroquia.
Castro como xeito de habitar a terra, a colonización do espazo natural. Coa chegada dos celtas comezan a organizar a terra, a colonización do espazo natural. É o refuxio da poboación cercana ós espazos amurallados, con casas, cidades habitadas , son as citanias.
-Os castros e citanias están cerca de lugares con auga e en lugares con unha posición dominante. Esta é a primeira organización do territorio.
-Villae: no ano 137a.C Os romanos acaban conquistando estas terras nas guerras Cántabras. Esto da lugar a cidades como Lugo, que eran asentamentos militares. A tenda romana tiña 27 pés romanos (1 pe romano " 23cm). Sendo un pobo conquistador, non fan que os galegos emigren. Hai unha conviviencia entre dúas culturas. Aquí en Galicia non se fan cidades, senón que se constrúen coa organización que había. Sen embargo os romanos necesitan organizar o territorio: villae como unidade xurídica e económica e que explota unha gran extensión de terra. Conviven con pequenas parcelas dos siervos. Potenciábase a agricultura.
Os castros utilizaban os medios que tiñan da maneira que podían. Aquí en Galicia utilízanse a pedra, emprégase a pedra porque é o que hai ao lado.
-Parroquia: ligada ao cristianismo. Prisciliano é un monxe que acaba executao e que une as adoracións panteísticas co cristianismo. En Galicia segue existindo unha tendencia ao panteísmo. Aínda hoxe existe unha asociación de lugares naturais e os lugares sagrados, cristianízanse actividades ancestrais. Por eso aparecen igrexias nos castros.
A parroquia é a célula básica que organiza o territorio. Pero sobre todo organiza a sociedade. É unha unidade que ten varias aldeas. Organiza esa estructura de aldeas. A parroquia é unha poboación, non un territorio, os seus límites non son administrativos.
Os conventos e mosteiros van asociados á parroquia. Organizan o territorio e a organización eclesiástica. En 1214 peregrina a Santiago Francisco de Asís e trae a orde dos Franciscanos. Estes son os grandes enterradores. Onde hai unha igrexa hai un ceminterio.
Os señores, servos e curas obligaban ós foros, a facendeira (sustento), ó xantar e a loitosa (tributo á morte). Distinguían a poboación dos foros en señores, servos e curas. Obrigábase ós servos a adicarlles horas de traballo aos señores, dar comida e cobixo e pagar diezmos para o enterro.
Temos unha actividade, unha xeografía e unha xente.
Composicón xeolóxica basada en granito e pizarra.
Galicia ten 1200 km de costa. As rías son o gran fenómeno distintivo da nosa terra. Son como vales inundados. Son espazos agarimosos donde podemos producir no mar.
Funcionamento dunha ría: é un lugar de moita riqueza ecolóxica e productiva. Hai unha auga superficial que pertence ao mar e por abaixo a auga da ría. Son montañas redondeadas coa topografía dos vales. Cambia sustancialmente as condicións climáticas, existen microclimas. Zonas de benestar, protexidas do norte e moi soleadas.
O minifundio está asociado en Galicia ao policultivo. Esto ven dende os romanos. A pequena parcelación e a poboación dispersa xenera unha paisaxe moi distintiva .
Galicia é a unión de microclimas, minifundio, policultivo, poboación dispersa...
A revolución irmandiña. Por primeira vez faise unha unión entre distintos colectivos, hermandades, servos... e destrúense castelos
SXVI Chegada dos Fonsecas (Hospital Real, claustro da catedral...)
SXVIII Batalla de Rande (Borbóns)
O camiño de Santiago non estructura a vida da poboación galega. O camiño ten outro interés. Cando se fan recorridos de autobuses non se inclue o camiño. O camiño de Santiago é un camiño cultural.
Santiago é o culmen do saber construir. Representa todo o coñecemento adquirido. A actividade, a técnica cambia a maneira de usar o solo, e sen embargo, a distribución do solo non cambia. Unha actividade enriquece o solo e sen embargo non o modifica.
Páginas
Mostrando entradas con la etiqueta densidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta densidade. Mostrar todas las entradas
jueves, 24 de febrero de 2011
jueves, 27 de enero de 2011
O hábitat rural
Amos Hawley: "residencia dunha comunidade"
Para Pierre George: Hábitat coma o xeito de estar distribuidos os lugares habitados no interior dunha determinada rexión. Isto implica dous conceptos: lugar e humano=cultura.
O estudo do hábitat terá relación coa cultura, construcción, relación co territorio e a experiencia. Se a cultura é a experiencia e lle sumamos o tempo, falamos de arquitectura.
Hábitat rural , relaciónase co hábitat agrícola
Hábitat urbano.
Os núcleos aséntanse pola fertilidade do solo ou poa boa comunicación. O concepto de rural refírese ao conxunto de accións relacionadas coa vida no campo. Maniféstase no xeito de distribución das poblacións.
O dato relacionado co número de poboación que fan os xeólogos para distinguir rural de urbano non é de todo correcto. O hábitat rural debe ser aquel que se relaciona co territorio. O rural é aquel que ten actividade na vida do campo (ainda que non sexa agrícola)
Estudo a través dos termos de densidade: concentración ou dispersión. Hai unha serie de factores que afectan á dispersión ou concentración:
Para Pierre George: Hábitat coma o xeito de estar distribuidos os lugares habitados no interior dunha determinada rexión. Isto implica dous conceptos: lugar e humano=cultura.
Hábitat urbano.
- Factores históricos: por tradición, ex os pobos celtas teñen certa dispersión.
- Factores naturais: inflúen nas formas de asentamento. A auga é un factor de concentración. Se hai pouca auga hai que concentrarse e de dispersión se hai abundancia. Os manantiais de auga son lugares específicos e son elementos referenciais. A media ladeira é un espazo límite entre o espazo agrícola e o bosque. O que organiza o territorio é a actividade agrícola, o solo. O vento, as áreas de benestar débense estudiar. Estúdiase a topografía e o clima. O vento afecta á concentración e á dispersión. As zonas de inundación.
- Organización social: o que nos ven dado. As preexistencias, un pazo, un castelo...
- Os sistemas de cultivo: a pequena propiedade implica que a vivienda non ocupe o mellor espazo agrícola, concentración e aproveitamento do solo.
- aparición de novas ofertas de comercio.
- Reparto. pode implicar concentración ou dispersión dependendo de como se faga.
Todo isto débenos axudar a coñecer os límites.
A dispersión intercalar, complexidade e a combinación de factores de concentración e dispersión. Complexidade da realidade territorial. Continuidade espacial debida á complexidade e aparición de elementos novos.
Hai uns nomes asociados a unha altura, o nome leva implícita unha relación co lugar. O nome é a primeira aproximación ao lugar. Isto ocurre porque falamos de cultura, de experiencia.
Organización entre núcleos: homoxeneidades e heteoxeneidades.
- Relación dos núcleos co espazo productivo agrícola. Isto é moi importante se tamén o relacionamos co medio físico.
- Relación co medio e elementos xeográficos, outeiros, vales, borde do mar, dun rio...
- composición inmobiliaria, características das construccións, se destaca algunha edificación, igrexa, espazo libre...
Formas características dos pobos, lineais, apiñadas, radiais. É sinxela, pero só fala dunha pequena parte, complementaríase dicindo se son moi densos ou non e se son de organización aberta ou pechada.
Os núcleos son unha resposta dunha comunidade no seu proceso constructivo adaptativo en relación cun material e unha actividade. Aparecen entón pobos graníticos, de adobe...
jueves, 18 de noviembre de 2010
Distribución da poboación
A poboación non se distribúe de xeito homoxéneo, é desigual. Concéntrase en grandes áreas.
A densidade de poboación nun área pódese medir (hab/Ha urbanistas) (hab/km2 xeógrafos) indica a xente que comparte un área. Indica á presión que exercen os habitantes no territorio e das posibilidades que hai. A densidade non é reflexo da urbanidade.
As formas habituais de asentarse van ligadas á productividade do solo e á accesibilidade. ->posibilidades de relación
¿como distinguir urbanidade de non urbanidade? Pola densidade social, capacidade de servicios e relacións que poden darse nese área. Existen tres factores ou parámetros que indican calidade urbana, densidade social
A densidade de poboación nun área pódese medir (hab/Ha urbanistas) (hab/km2 xeógrafos) indica a xente que comparte un área. Indica á presión que exercen os habitantes no territorio e das posibilidades que hai. A densidade non é reflexo da urbanidade.
As formas habituais de asentarse van ligadas á productividade do solo e á accesibilidade. ->posibilidades de relación
¿como distinguir urbanidade de non urbanidade? Pola densidade social, capacidade de servicios e relacións que poden darse nese área. Existen tres factores ou parámetros que indican calidade urbana, densidade social
- volume de poboación
- capacidade productiva
- organización
A densidade é o índice que indica a adaptación da poboación e a capacidade de aproveitamento dos recursos. Reflexa a complexidade potencial da organización dun núcleo.
O crecemento da poboación mostra a capacidade de adaptación ao medio, pero búscase un equilibrio. O equilibrio móstranos a variación da poboación, elemento máis variable. e con tendencia contínua ao crecemento. A poboación crece por natureza, disminúe a tasa de mortandade e aumento da natalidade, aumento do nivel de vida e factores técnicos... polo que aumenta a lonxevidade.
A migración, a movilidade. búscase unhas zonas onde hai a capacidade e expectativa de producción.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)