¿Como estudar a evolución?
É testigo dos cambios da cidade e explícaos. Non escribe libros, publícanse despois.
Patrick Gueddes era sociólogo, xeógrafo, botánico, biólogo... e senta as bases do urbanismo como o entendemos. Basea o seu traballo na experiencia directa e no compromiso, necesidade de información e facer partícipes aos cidadáns.
Frente á persoa que lee é a experiencia directa o que importa (critica a enseñanza escolástica). Foi o espectador da Revolución Industrial. Foi un cambio trascendental na forma de vivir. Asiste ás primeiras leis hixienistas e de expropiacións. Inicio dos procesos de rehabilitación dos espacios arrabales. Plantexa necesidades como a creación de espacios públicos e creacións de residencias de estudiantes.
A idea fundamental: Cidades en evolución. Non se estuda a cidade como un tratado histórico, senón dende o presente. Isto significa que a historia nunca está acabada, e inflúe no presente. Ver as etapas do pasado que están no presente (integración da historia) e ver como chega ao que é hoxe (evolución)
Só no presente está a realidade e as claves do futuro. Ter en conta cales son os factores que afectan ao cambio e cómo afectan (incorporar ferramentas científicas e técnicas). Queremos saber as tendencias que xa están no presente, só é necesario observar.
Evolución como tendencia. Coñecer as tendencias. Concepto dinámico, implica a evolución social e a investigación de traballo. Tratamos de entender as potencialidades do territorio. O noso plano debe representar a realidade e as potencialidades. O nivel de traballo (a escala de traballo) é a que interesa á sociedade. Non hai nada posible se non implicamos á sociedade.
O traballo ten que levar implícito un carácter didáctico, evitar falar de cousas abstractas, hai que falar dos problemas que lle afectan á xente, explicar o sentido do bo e do malo, correxir erros... A xente está bombardeada de imaxes e non pode distinguir o que etá ben do que está mal.
Crítica a cultura libresca: é importante aprender a vivir e a ler. Eliminación de políticas partidistas para poder actuar no territorio. Visión global (sinóptica) da cidade, cidade aristotélica. Ter en conta a escala que interesa ao cidadán, o carácter didáctico e a visión global.
Mapa de poboación e conurbación
Nese momento él (Geddes) asiste á transformación da cidade. Xa non é unha cidade amurallada. Xa non se pode describir a cidade con medios xeométricos, descríbese coma un organismo. Conurbación: definición que da para definir a expansión da cidade. Cidade que aparece coma unha mancha que se expande. Son grandes áreas onde os límites da cidade coñecida se dilúen. É unha mancha unificadora porque rompe os límites, pero unifica o territorio.
Pregúntase polo papel do ferrocarril e polo papel dos administrativos, xa non teñen sentido.
Frente aos límites administrativos deberíamos buscar novos lazos. ¿como se estudian as manchas? En primeiro lugar hai que ver a importancia e ver as liñas de comunicación, as liñas de enerxía que posibilitan novas actuacións. Entendelas como empuxe, como organizadoras do desenvolvemento. Logo entender a relación entre os espacios que quedan entre as liñas.
Rexión urbana. Estudiando os pequenos pobos e as súas transformacións podemos entender, extrapolando, a transformación das cidades ( coñecemento científico)
O tamaño da cidade en función do tamaño particular de uso. A vivencia persoal da cidade. Non vivimos en toda a cidade, senón en lugares que se necesitan normalmente. O ámbito de uso dunha cidade non é o ámbito global. Ver o tempo que empregamos no uso da cidade que da unha referencia de escala global. A cidade xa non é a cidade histórica, xa é outra cousa, polo tanto é necesario plantexar outras cousas porque a vida é distinta, hai novos xeitos de vivir, hai unha nova organización social. Moitas degradacións nos centros históricos veñen derivadas de ese cambio no xeito de vida. Os novos xeitos de vida fóra da cidade teñen que ser distintos.
Páginas
Mostrando entradas con la etiqueta poboación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poboación. Mostrar todas las entradas
jueves, 3 de marzo de 2011
jueves, 27 de enero de 2011
O hábitat rural
Amos Hawley: "residencia dunha comunidade"
Para Pierre George: Hábitat coma o xeito de estar distribuidos os lugares habitados no interior dunha determinada rexión. Isto implica dous conceptos: lugar e humano=cultura.
O estudo do hábitat terá relación coa cultura, construcción, relación co territorio e a experiencia. Se a cultura é a experiencia e lle sumamos o tempo, falamos de arquitectura.
Hábitat rural , relaciónase co hábitat agrícola
Hábitat urbano.
Os núcleos aséntanse pola fertilidade do solo ou poa boa comunicación. O concepto de rural refírese ao conxunto de accións relacionadas coa vida no campo. Maniféstase no xeito de distribución das poblacións.
O dato relacionado co número de poboación que fan os xeólogos para distinguir rural de urbano non é de todo correcto. O hábitat rural debe ser aquel que se relaciona co territorio. O rural é aquel que ten actividade na vida do campo (ainda que non sexa agrícola)
Estudo a través dos termos de densidade: concentración ou dispersión. Hai unha serie de factores que afectan á dispersión ou concentración:
Para Pierre George: Hábitat coma o xeito de estar distribuidos os lugares habitados no interior dunha determinada rexión. Isto implica dous conceptos: lugar e humano=cultura.
Hábitat urbano.
- Factores históricos: por tradición, ex os pobos celtas teñen certa dispersión.
- Factores naturais: inflúen nas formas de asentamento. A auga é un factor de concentración. Se hai pouca auga hai que concentrarse e de dispersión se hai abundancia. Os manantiais de auga son lugares específicos e son elementos referenciais. A media ladeira é un espazo límite entre o espazo agrícola e o bosque. O que organiza o territorio é a actividade agrícola, o solo. O vento, as áreas de benestar débense estudiar. Estúdiase a topografía e o clima. O vento afecta á concentración e á dispersión. As zonas de inundación.
- Organización social: o que nos ven dado. As preexistencias, un pazo, un castelo...
- Os sistemas de cultivo: a pequena propiedade implica que a vivienda non ocupe o mellor espazo agrícola, concentración e aproveitamento do solo.
- aparición de novas ofertas de comercio.
- Reparto. pode implicar concentración ou dispersión dependendo de como se faga.
Todo isto débenos axudar a coñecer os límites.
A dispersión intercalar, complexidade e a combinación de factores de concentración e dispersión. Complexidade da realidade territorial. Continuidade espacial debida á complexidade e aparición de elementos novos.
Hai uns nomes asociados a unha altura, o nome leva implícita unha relación co lugar. O nome é a primeira aproximación ao lugar. Isto ocurre porque falamos de cultura, de experiencia.
Organización entre núcleos: homoxeneidades e heteoxeneidades.
- Relación dos núcleos co espazo productivo agrícola. Isto é moi importante se tamén o relacionamos co medio físico.
- Relación co medio e elementos xeográficos, outeiros, vales, borde do mar, dun rio...
- composición inmobiliaria, características das construccións, se destaca algunha edificación, igrexa, espazo libre...
Formas características dos pobos, lineais, apiñadas, radiais. É sinxela, pero só fala dunha pequena parte, complementaríase dicindo se son moi densos ou non e se son de organización aberta ou pechada.
Os núcleos son unha resposta dunha comunidade no seu proceso constructivo adaptativo en relación cun material e unha actividade. Aparecen entón pobos graníticos, de adobe...
jueves, 18 de noviembre de 2010
Distribución da poboación
A poboación non se distribúe de xeito homoxéneo, é desigual. Concéntrase en grandes áreas.
A densidade de poboación nun área pódese medir (hab/Ha urbanistas) (hab/km2 xeógrafos) indica a xente que comparte un área. Indica á presión que exercen os habitantes no territorio e das posibilidades que hai. A densidade non é reflexo da urbanidade.
As formas habituais de asentarse van ligadas á productividade do solo e á accesibilidade. ->posibilidades de relación
¿como distinguir urbanidade de non urbanidade? Pola densidade social, capacidade de servicios e relacións que poden darse nese área. Existen tres factores ou parámetros que indican calidade urbana, densidade social
A densidade de poboación nun área pódese medir (hab/Ha urbanistas) (hab/km2 xeógrafos) indica a xente que comparte un área. Indica á presión que exercen os habitantes no territorio e das posibilidades que hai. A densidade non é reflexo da urbanidade.
As formas habituais de asentarse van ligadas á productividade do solo e á accesibilidade. ->posibilidades de relación
¿como distinguir urbanidade de non urbanidade? Pola densidade social, capacidade de servicios e relacións que poden darse nese área. Existen tres factores ou parámetros que indican calidade urbana, densidade social
- volume de poboación
- capacidade productiva
- organización
A densidade é o índice que indica a adaptación da poboación e a capacidade de aproveitamento dos recursos. Reflexa a complexidade potencial da organización dun núcleo.
O crecemento da poboación mostra a capacidade de adaptación ao medio, pero búscase un equilibrio. O equilibrio móstranos a variación da poboación, elemento máis variable. e con tendencia contínua ao crecemento. A poboación crece por natureza, disminúe a tasa de mortandade e aumento da natalidade, aumento do nivel de vida e factores técnicos... polo que aumenta a lonxevidade.
A migración, a movilidade. búscase unhas zonas onde hai a capacidade e expectativa de producción.
jueves, 11 de noviembre de 2010
Poboación e hábitat. Estudo da área natural
Entendendo ao home como organismo. Poboación é un agregado de cousas dispares ou individuos que cada un deles responde a unha definición dada e que mantén a súa identidade a través do tempo e existe durante un intervalo limitado de tempo. Leva implícito un lazo de relación, de pertenza. Exemplo: estudante, agregado que ten unha definición dada, que cada un ten a súa identidade e que só existe durante un tempo.
A poboación é un dato, é un algo abstracto, un número e non nos dá mais información ca o número de individuos. É unha primeira aproximación cuantitativa hacia os individuos.
A poboación relaciónase cos conceptos de comunidade e hábitat. As súas peculiaridades afectan ao proceso de adaptación ao espazo.
HÁBITAT lugar de residencia dunha poboación ou comunidade, o espazo. Falamos do hábitat porque os seus condicionantes condicionan a adaptación. O hábitat é esa primeira fase que é o espazo.
Hay distintas acepcións de hábitat para según quen:
- área natural, é a primeira aproximación, calquera delimitada por costas, ríos, montañas, definida por elementos naturais ou calquera unidade fisiográfica. Área física recoñecida. Para os xeógrafos a rexión é calquera porción da superficie con condicións físicas que a delimitan como unidade recoñecida.
- área cultural, depende de focos onde se atoa a cultura, atópase ligada a anacos de terreo, pero non está distribuida homoxeneamente, senón que se dispersa, os feitos culturais vanse expandindo de forma gradual en función dos puntos focais. A distribución pode ser lineal, ex ligada a un tranvía aparece unha tipoloxía..., ou nuclear, pero nunca é homoxénea.
O importante é a relación entre ambas áreas. Cando falamos de área cultural falamos da área de uso humano. Polo tanto, introdúcese un novo concepto, o de uso. ¿como se explica a área cultural dunha praia? ¿como son os lazos e relacións entre a xente de hoxe? Debemos entender a praia como un espazo colectivo público onde se reunen e logo desaparecen. Isto non ten nada que ver co que está detráis que é a parroquia e as relacións que ten, que son distintas.
O determinismo do medio inflúe no xeito de desenvolver a vida humana (postura determinista); o medio inflúe e limita, pero non determina (postura posibilista).
Rexión é a área dentro da cal a combinación de factores demográficos e o medio crean unha homoxeneidade social e económica. (resultante de poboación + medio)
Para entender todos os elementos que influen na sociedade, podemos incluir algúns elementos ou actuacións humanas que sí inflúen na sociedade que desenvolven.
Ao estudar a área natural deberíamos estudiar os factores de interese da sociedade, incluíndo tamén a capacidade tecnolóxica do medio. Neste caso a área de relación aumenta.
Incluindo estes dous aspectos anteriores poderíamos definir as áreas con maior facilidade. Hai certos aspectos culturais que implican territorios máis amplos. Existe unha relación entre a área natural e a adaptación. No proceso de adaptación sempre se fai un reflexo do medio físico.
Para o estudo da área natural e cultural, aínda segue sendo importante a área política. Os datos sempre se apoian en datos políticos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)