Páginas

jueves, 28 de abril de 2011

Estructuralismo. La imagen de la ciudad

O Movemento Moderno fálanos da importnaica do terreo na cidade. A importancia da topografía. O movemento moderno creía no progreso como a capacidade de transformar o terreo e mediante a arquitectura influir e cambiar os hábitos das persoas.

O estructuralismo considera o conxunto dos datos como un sistema de interrelacións (é un método científico) Introduce á xente como participante na creación do ambiente.

Entende calquera proceso coma unha linguaxe e polo tanto como interdependencias entre o significado e o significante. Di que é fundamental coñecer a mecánica interna dos sistemas, é dicir, os procesos da economía de medios e das posibilidades. Xa non podemos identificar a obra como algo aillado. Xa non vemos a obra, o arte, o núcleo..., por aislado, senón que a vemos identificada.

O que nós vemos é un momento que ven de algo e que ten unhas posibilidades (inclúenos a nós) Entendido autónomamente, un edificio é independente de como se usa e de como se constrúe. Falamos dun pensamento que influirá en Kevin Lynch.

Kevin Lynch: La imagen de la ciudad.1974.
Pensamento: entende a cidade como un medio ambiente construído. Significa que o home pode transformar radicalmente o entorno. Quere dicir que é un escenario onde se é actor e espectador á vez. Un medio ambiente que é un conxunto de elementos, de sonidos, olores, urbanismo... Falamos dunha estructura de obxetos e da realidade relacionada.

O valor dos elementos reside na multiplicidade de significados que teñen para segundo que persoas. Papel importante das referencias. 
Fala da cidade coma unha percepción, a percepción da súa imaxe, pero dende as distintas visións. Kevin Lynch fala da nosa percepción da cidade.

Idea: O medio ambiente está estructurado. O home móvese por el porque existe unha estructura que o orienta, fai a súa propia estructura mental do territorio. O urbanismo é crear o medio ambiente, escenarios onde realizar a vida. A grandeza dos espazos é o recordar o espazo.

O home vai creando referencias no territorio no que habita. ¿como transforma o medio construido en medio ambiente apetecible? O método de estudio para o medio faino a través de tres cidades: Boston (Massachusets), Jersey City (New Jersey) e Los Ángeles (California)

Debuxa imaxes colectivas públicas co fin de establecer esquemas de orientación, cualidades e partes fundamentales. Cualidades dunha imaxe: lexibilidade, que se entenda claramente, que se recoñezan as súas partes e a súa identidade, a súa estructura, o seu significado. A lexibilidade é moi importante. A imaxinabilidade (sensación persoal vigorosa, expresabilidade)

Para entender ou explicar as imaxes, utiliza códigos que expresan esas cualidades das imaxes. Valores dunha imaxe:
  • áreas: barrios, distritos, recoñecibles pola sua dimensión, o home penetra..
  • líneas: sendas, espacios polos que nos movemos, espazos percorribles,...
  • focos: nodos (focos intensivos, penetrables) mojóns (hito puntual no que non se penetra)
  • bordes: elementos lineais que non se percorren. Son elementos tanxentes, referencias laterais,...
Hai que tratar de identificar os elementos que nos poden servir para entender a imaxe que estamos a ver. Se temos un elemento referencial, claro, conciso... e incluimos outro elemento, estamos cambiando. Se hai un hito e poñemos outro estamos cambiando a imaxe. Debemos potenciar eses elementos referenciais que fan que a imaxe sexa recoñecible e imaxinable.

Se a imaxe é creada, é colectiva. Referímonos ao uso do ambiente e á súa interpretación.

Aprender a ver para proxectar. Falamos sempre do momento de observar e da potencialidade de observar cada ambiente.  Lynch: creación dun medio ambiente estructurado e apetecible, capaz de absorber todas as potencialidades posteriores, que poida cambiar, medio ambiente non rematado. Que poida acumular experiencias, de vida, de recordos...

A beleza: prodúcese cando hai un vínculo entre o detalle, o elemento e a estructura total. O particular é capaz de relacionarse co xeral. Aparece a escala. A beleza é a consecuencia da comprensión do espacio que nós construimos. Se a beleza vai a ser relación particular-xeral aporta a liberdade da forma. Forma como relación entre o obxectivo e a percepción.

Kevin Lynch: estamos a falar de lugar. Espazo organizado indentificable onde os cidadáns poden aportar as propias experiencias. Identificación da estructuración do espazo para poder estructurar a vida. A imaxe dunha realidade é cambiante. Pode cambiar racionalmente ou ser destruída. Esixencia da reflexión crítica do territorio, dos elementos que imos incorporar. Tamén nos di que hai unha superposición de elementos pero o importante é a imaxe global.

jueves, 14 de abril de 2011

Nacemento do TEAM X

Entender a cidade coma un sistema de lugares.

O Movemento Moderno predominaba o aspecto de renovación contínua. Busca criterios urbáns e un plantexamento metodolóxico, basado nos criterios urbanos, valoración social...

Cando se fai o congreso CIAM X de Dubrovnik en 1955 nótase que se está a perder a preocupación pola cidade. O congreso fíxose tan multitudinairo que xa non se podía discutir, reflexionar,... nace o TEAM X, reflexiona sobre o ambiente urbano, condicións sociais, a relación entre as pezas...

Cidade de posguerra: hai que intervir no existente. Interesa a creeación dun ambiente urbano. Ponse un acento no ambiente, valorar as preexistencias sociais, urbanas, introducción da vida cotiá na evolución. Xa non solo é importante a creación de pezas senón tamén a relación entre as pezas. É importante a creación do espacio urbano.

Cámbiase o concepto de espacio polo de lugar. Cárgase de valor todo aquel cheo de historia, a luz, o espacio, a materialidade do lugar, a cultura,... Pasa a haber unha percepción táctil. Contextualización e expresión, o valor dos signos do lugar.

TEAM X: Bakema, Kandilis, Aldo van Eyck e Alison e Peter Smithson, principalmente. A.P Smithson teñen a idea de comunidade, referíndose á colectividade, gustos, necesidades, aspiracións.
A.v. Eyck valora a tecnoloxía tradicional. Atopar o que hai de común nas formas construidas polo home. Sempre nos fixamos no diferente e non no igual. Referímonos a cultura e ó simbólico.
Bakema: humanista
Kandilis: busca a mellora das condicións do home.
Poderíamos engadir a Coderch, Giancarlo de Carlo, Shadrac Woods....

Todos eles teñen en común a visión da cidade intentando recuperar o ambiente, a vida urbana. A visión da tradición copiada, entendida. Revisión formal da arquitectura e a implicación social do arquitecto.

Manifesto de Doorn 1954.

  1. É inutil considerar a casa como centro, senón como parte integrante dunha comunidade.
  2. Contextualizar a casa
  3. O habitat concerne á casa particular coma un tipo de comunidade particular.
  4. A sección do valle de Patrick Geddes, nela recoñécense os tipos. Concepto que analiza a tradición
  5. Estudio da vivenda e da agrupación da mesma para crear comunidade. Importancia da comunidade do factor humano.

Cada época require unha linguaxe, un instrumento que sirva para enfrentarse aos problemas que se planexan así coma aqueles que seguen sendo os mesmos das épocas pasadas, é dicir, aqueles que se refiren ao home.

Chega o momento de fundir o novo e o vello. O home ten as mesmas necesidades, hai necesidades itemporais. Descubrir de novo significa descubrir algo novo.

A arquitectura implica un continuo redescubrimento das cualidades humanas fundamentais trasladadas ao espacio. Os arquitectos están falando do distinto do noso tempo, polo tanto, perderon o contacto co que non cambiou, co que non é diferente. A solución é ampliar o campo de experiencia e intensificalo. Botar abaixo as barreiras formais e emocionais.

Non é tan importante a forma senón o espacio que se xenera. A linguaxe dos arquitectos é unha linguaxe que mira para sí mesmo, deberíamos romper a linguaxe para abrirnos a outras.

A arquitectura e o urbanismo son a expresión espacial da conducta humana. Aqui abrenos todo un campo de investigación. Teremos que saber as proxeccións das necesidades. Moita xente está interesada na tecnoloxía, pero non nos cambios que eso aporta, ¿cal é o aporte á vida?

Hai cinco grupos de temas estudiados polo TEAM X:

  1. Asociación: modelos de asociación, identidade. Aparece a rúa, elemento fundamental. Non é solo unha vía de acceso, senón tamén unha expresión social.  A rúa é o escenanario da vida, onde se desenrola... Creación dunha comunidade que debe ser recoñecible.
  2. Identidade dunha sociedade móbil. Hai que entender o home no seu ambiente. Hai que darlle mobilidade suficiente para que se identifique. (ex. Barrio das Flores, Corrales intenta unha rúa comercial)
  3. Modelos de crecemento. os puntos anteriores implican sistemas, relacións sociais máis complexas. Xa non nos chega con baixar do coche e entrar na casa. Isto implica escalas de intervención, o urbanismo debe estar atento ás novas necesidades sociais.
  4. Cluster. introducida no congreso do 56. É unha forma específica de hábitat. Unha forma de organización para cada siguación particular, é a creación dun hábitat, implica estructura e orden. Estructura do lugar crea dimensión onde ten lugar a vida. Unha paisaxe é un lugar onde nos sentimos identificados, onde nos relacionamos, ten referencias. Estructura (falando das condicións do lugar) Búsqueda dunha estructura, dun orde, de buscar as referencias do lugar.
  5. Mobilidade: hai que entender que si falamos dunha cidade dinámica, o novo modelo urbano debe recoñecer esta cualidade. Unha das condicións do lugar é por onde entramos. O feito das cualidades mostra a orde do movemento. 

jueves, 7 de abril de 2011

¿qué queda na cidade moderna dos prantexamentos do Movemento Moderno?

Un proxecto incumplido, queda a idea e pouco máis. Algúns fragmentos. O crecemento nas nosas cidades foi levado a cabo dun xeito maniqueo, collendo só o que interesa e rexeitando partes. Ex: as vías 7 de Le Corbusier, un parque para todos os cidadáns.

Falta o detalle de preguntarse como viven de verdade a xente das cidades. Non recollen a intimidade da poboación, as características dos asentamentos do pasado. A proposta é un espacio aberto que se completa nun fluxo contínuo. Para conseguir a integración do espacio aberto no espazo urbano aparece o Team X, que entenden a cidade coma un sistema de lugares.

O Plan de Amsterdam establece as bases do futuro planeamento.

O Team X revisión a ese urbanismo. Contiuidade que analiza e actúa sobre estes presupostos.  As aportacións de Le Corbusier son a análise fronte á toma de datos, as preguntas e a súa resposta, a capacidade de abstracción de datos pero sempre facendo evidente a identidade do sitio.

LC analiza o que hai, aplica o su modelo e é quen de cambiar a sociedade.

Urbanismo do Movemento Moderno. O plan das 7 vías de Le Corbusier.

Le Corbusier teoriza en paralelo á práctica. Teoría válida para aplicar e así transformar o uso da cidade. É un método científico basado na análise. Achegamento a base de preguntas, ten que buscar sistemas creadores de orde. Entende como principal o sistema das sete vías (crean e organizan o espazo a través dun sistema de creación de orde):

  • via 1, veñen de lonxe, a través da cidade e do campo
  • via 2, creadas polos enxeñeiros, trazadas, colectores de circulación. Vanse adaptando ás circunstancias.
  • via 3, vías intermedias que alimentan ás 4, sen beirarúas, só de conexión
  • via 4, vida cotiá, armoniosas, nelas situanse os servizos da vida familiar, tendas, cafés, talleres dos artistas. Vencelladas a un amplo espazo de relación, dotadas de beirarúas e árbores. Os coches pasarían ó ralentí, e os homes á sombra dás árbores (isto esta a dicilo nos anos 40) é a rúa da vida, e entende a vía vencellada ás relacións da vida cotiá.
  • via 5, alimentadas polas 4, son as vías de conexión coas vivendas
  • via 6, conexións interiores
  • via 7 reservadas a conexións de vías arboladas. Cruza todo o resto do tecido. Liña de verde onde se colocan os equipamentos de lecer e de tipo cultural.


Bogotá 1947. No ano 45 fírmase o plan regulador de Wiener e Sert. No ano 49-50, entregase o documento. No 52 golpe de estado e non se leva á practica a totalidade do Plan. Quedan fragmentos que recordan a forza dese urbanismo.

Características destacables:

  • Relación da cidade co marco xeográfico. Relación da cidade-territorio. Chandigarh - Himalaia, Bogotá- Cerro de Monserrate.
  • Definición dun novo centro urbano para a cidade moderna, fiel aos principios da Carta de Atenas. Chandigar con centro ex novo, Bogotá con un centro histórico (problema)
  • Concepto de sector urbano, mazá a unha escala nova 800 x 1200m (cambio de escala)
  • Reflexión sobre a relación coa cidade existente. Cobra importancia a vía 7, infíltranse no interior do sector e forman unha malla autónoma que aporta continuidade.
  • Creación dun centro cívico, edificios emblemáticos, que acollían as funcións ministeriais. Distinguir o centro administrativo do  centro histórico)
Obxectivos:
Restituir relación entre a forma da cidade e a base xeográfica
Creación de parques lineais que penetran no territorio e no centro urbano
Concepto de illa, mazá, reflexión sobre o sector
Repensar o novo centro urbano, relación cos principais lugares públicos tradicionais da cidade.