Páginas

jueves, 28 de abril de 2011

Estructuralismo. La imagen de la ciudad

O Movemento Moderno fálanos da importnaica do terreo na cidade. A importancia da topografía. O movemento moderno creía no progreso como a capacidade de transformar o terreo e mediante a arquitectura influir e cambiar os hábitos das persoas.

O estructuralismo considera o conxunto dos datos como un sistema de interrelacións (é un método científico) Introduce á xente como participante na creación do ambiente.

Entende calquera proceso coma unha linguaxe e polo tanto como interdependencias entre o significado e o significante. Di que é fundamental coñecer a mecánica interna dos sistemas, é dicir, os procesos da economía de medios e das posibilidades. Xa non podemos identificar a obra como algo aillado. Xa non vemos a obra, o arte, o núcleo..., por aislado, senón que a vemos identificada.

O que nós vemos é un momento que ven de algo e que ten unhas posibilidades (inclúenos a nós) Entendido autónomamente, un edificio é independente de como se usa e de como se constrúe. Falamos dun pensamento que influirá en Kevin Lynch.

Kevin Lynch: La imagen de la ciudad.1974.
Pensamento: entende a cidade como un medio ambiente construído. Significa que o home pode transformar radicalmente o entorno. Quere dicir que é un escenario onde se é actor e espectador á vez. Un medio ambiente que é un conxunto de elementos, de sonidos, olores, urbanismo... Falamos dunha estructura de obxetos e da realidade relacionada.

O valor dos elementos reside na multiplicidade de significados que teñen para segundo que persoas. Papel importante das referencias. 
Fala da cidade coma unha percepción, a percepción da súa imaxe, pero dende as distintas visións. Kevin Lynch fala da nosa percepción da cidade.

Idea: O medio ambiente está estructurado. O home móvese por el porque existe unha estructura que o orienta, fai a súa propia estructura mental do territorio. O urbanismo é crear o medio ambiente, escenarios onde realizar a vida. A grandeza dos espazos é o recordar o espazo.

O home vai creando referencias no territorio no que habita. ¿como transforma o medio construido en medio ambiente apetecible? O método de estudio para o medio faino a través de tres cidades: Boston (Massachusets), Jersey City (New Jersey) e Los Ángeles (California)

Debuxa imaxes colectivas públicas co fin de establecer esquemas de orientación, cualidades e partes fundamentales. Cualidades dunha imaxe: lexibilidade, que se entenda claramente, que se recoñezan as súas partes e a súa identidade, a súa estructura, o seu significado. A lexibilidade é moi importante. A imaxinabilidade (sensación persoal vigorosa, expresabilidade)

Para entender ou explicar as imaxes, utiliza códigos que expresan esas cualidades das imaxes. Valores dunha imaxe:
  • áreas: barrios, distritos, recoñecibles pola sua dimensión, o home penetra..
  • líneas: sendas, espacios polos que nos movemos, espazos percorribles,...
  • focos: nodos (focos intensivos, penetrables) mojóns (hito puntual no que non se penetra)
  • bordes: elementos lineais que non se percorren. Son elementos tanxentes, referencias laterais,...
Hai que tratar de identificar os elementos que nos poden servir para entender a imaxe que estamos a ver. Se temos un elemento referencial, claro, conciso... e incluimos outro elemento, estamos cambiando. Se hai un hito e poñemos outro estamos cambiando a imaxe. Debemos potenciar eses elementos referenciais que fan que a imaxe sexa recoñecible e imaxinable.

Se a imaxe é creada, é colectiva. Referímonos ao uso do ambiente e á súa interpretación.

Aprender a ver para proxectar. Falamos sempre do momento de observar e da potencialidade de observar cada ambiente.  Lynch: creación dun medio ambiente estructurado e apetecible, capaz de absorber todas as potencialidades posteriores, que poida cambiar, medio ambiente non rematado. Que poida acumular experiencias, de vida, de recordos...

A beleza: prodúcese cando hai un vínculo entre o detalle, o elemento e a estructura total. O particular é capaz de relacionarse co xeral. Aparece a escala. A beleza é a consecuencia da comprensión do espacio que nós construimos. Se a beleza vai a ser relación particular-xeral aporta a liberdade da forma. Forma como relación entre o obxectivo e a percepción.

Kevin Lynch: estamos a falar de lugar. Espazo organizado indentificable onde os cidadáns poden aportar as propias experiencias. Identificación da estructuración do espazo para poder estructurar a vida. A imaxe dunha realidade é cambiante. Pode cambiar racionalmente ou ser destruída. Esixencia da reflexión crítica do territorio, dos elementos que imos incorporar. Tamén nos di que hai unha superposición de elementos pero o importante é a imaxe global.