Páginas

jueves, 16 de diciembre de 2010

Propiedade e explotación

Transformacións de formas e aproveitamento, transformación xurídica.

A propiedade pode ser individual ou colectiva. A propiedade individual pode ser gran propiedade (en Galicia sobre 100 Ha) e pequena propiedade. Depende do terreo e cultivo, mostra a realidade de Galicia.

A propiedade colectiva pode ser patriarcal (vivindo en comunidade) exemplo o campo da festa, montes comunais, airas... ou pode ser coma nos países socialistas (comunistas, China, Cuba, Rusia, Mozambique...) onde se apropia o estado da terra e se reparte de forma equitativa.

A explotación pode ser directa se é o propietario o que a fai, ou indirecta se é en arrendamento. Para entender a parcela e as súas vicisitudes é preciso coñecer ao propietario, xa que o parcelario é testemuña da realidade social do solo. A agricultura é a primeira arquitectura.

Vencellada ás pequenas propiedades, a explotación directa familiar, onde o propietario explota e é dono dos medios. Búscase o equilibrio económico e social, conseguir os bens para sobrevivir e que permitan o autoemprego, solvencia económica. Depende das técnicas como da unidade familiar, subdivisións, herdanzas... Complejización familiar (vinculeiro, mellora...) papeles na sociedade asociada á explotación.

Como modelos de explotación directa de gran propiedade, a gran propiedade é o latifundio, e está dirixida, as terras e o cultivo por un organizador. Aparce a gran propiedade dirixida en economía industrial, onde o administrador ten tarefas mecanizadas, operarios estacionais, postos permanentes. E como modelo de propiedade está a propiedade especulativa americana, onde non hai emprego permanente, non hai ninguén, está todo mecanizado e só hai visitas de inspección.

As plantacións son traballos espontáneos, desprázase xente en torno ás recoleccións.

Os arrendamentos aparece un arrendatario e un aparceiro ou patrón, que paga coa parte proporcional da cosecha as rentas en base á productividade.

As explotacións dos países socialistas onde se elimina a propiedade privada e o estado establece as produccións. Aparece o modelo de granxa solhos, que funciona coma unha empresa e os kolhos que son cooperativas de traballo en equipo.

A comuna china. unidade administrativa e económica. O encargado "tipo exército" con máis encargados, carente de dirixentes segun os requerimentos do estado, é unha evolución sobre a arquitectura tradicional. Cooperativa agrícola, adquisición e venta, con acceso ao mercado, as propiedades son da comunidade.

Propiedade individual: gran propiedade ou pequena propiedade

Propiedade colectiva: patriarcal , países socialistas.

Organización do espazo. Paisaxe rural

O espazo non é inmutable, cambia pero é resistente.

A paisaxe rural é un espazo conquistado polas técnicas agrarias. Elementos de esa paisaxe, ver fotos aéreas, manchas de prados, plantas, elementos de protección e irrigación, terras de labor e o espazo bruto. Distínguense os campos abertos dos pechados, según as liñas de protección que marcan o territorio, silveiras, caidas, arbolados... e responden á forma do territorio.

O acondicionamento para a producción e a conquista do espazo agrícola:
  • roturación: acondicionamento do espazo agrícola para producir. Transfórmase o espazo bruto en espazo de cultivo. Pierre George propón roturacións periódicas. O arado xera unha paisaxe, unhas tramas
  • conservación: o espazo agrícola é fráxil. Fertilización, auga como ben imprescindible. Organización disciplinada da mesma, liñas de conducción, canalización, regos...
  • protección dos cultivos: cultivos que protexen a outros, liñas de protección. Estas liñas de protección tamén teñen relación cos animais.
Os camiños aparecen por onde é máis comodo camiñar, varia según condicións, alternativas. Organiza a paisaxe de acordo ás condicións do territorio.

As hortas son espazos cultivados vencellados á vivenda. Primeiro elemento de producción. Están no perímetro entorno ao núcleo rural.

O parcelario representa as vicisitudes das aspiracións pola propiedade e das calidade do solo. Se observamos as concentracións parcelarias detectamos as persistencias e elementos herdados.

Na paisaxe rural aparecen as novas técnicas introducidas, instalacións, rede eléctrica...

jueves, 9 de diciembre de 2010

Liberación desigual e incertidume permanente. O policultivo

Os pobos primitivos teñen unha maior dependencia do solo. A técnica permite unha maior comodidade ao uso do mesmo. Cando un non ten as suficientes técnicas para afrontar as cousas que non podemos combatir, aparecen os ritos, a necesidade dunha defensa do máis alá, psicoloxía...

O policultivo é unha das grandes loitas do home contra a incertidume permanente. A necesidade de garantir a dieta e a seguridade de esta.

Os sistemas de policultivo. Cultivo no mesmo espazo agrícola disintas plantas comprementarias, por exemplo o liño combate o escarabello, polo tanto é bo coas patacas. Plantamos onde a natureza do suelo é a adecuada e rotamos os cultivos.

As consecuencias deste sistema é a excesiva fragmentación, agravada por divisións de herdanzas. Isto implica que onde hai moita fragmentación do solo, a calidade deste é boa.

A especialización funcional, zonas de montes, prados, cultivos.
Valores do policultivo: aproveitamento máximo do terreo, pleno emprego (coa rotación de cultivos), productividade do que eliximos (seguro contra calamidades)e mellor rendemento do suelo.

O policultivo saca a primeira defensa dunha colectividade rural frente ao medio e ás incertidumes. Elemento que implica a unha colectividade. De aquí xorde que exista a parroquia, o santo... toda unha tradición dun mundo agrícola.

A paisaxe, en apariencia con unha diversidade de cores, desorde aparente e unha fragmentación extrema a escala reducida.

A súa organización dependerá das condicións do suelo. O coñecemento da diversidade, as distintas composicións. As variables xenéticas, variacións sobre animais e plantas...

Formas superiores de liberación: a técnica permite cambiar o suelo, os animais, a climatoloxía... Estas formas dependen da revolución industrial e da investigación científica, o que esixe medios, pero xa non estamos a falar de sociedades agrarias senón industriais.

Xeografía rural. Sociedades e técnicas

Diferencia entre a poboación rural e a poboación agrícola. A poboación agrícola é un conxunto de individuos que participa na producción. A poboación rural é xente que vive no medio rural, independentemente do que se adica.

Acondicionamento entre o espazo bruto e o agrícola, media o acondicionamento para a producción, a organización de ese espazo e os asentamentos poboacionales.  O que primeiro temos que estudar dun lugar é o espazo agrícola. Liña de pé de monte, liña que limita os espazos agrícolas dos lugares de poboación, outros cultivos...

O núcleo é consecuencia do espazo agrícola.


A primeira organización é a do espazo agrario.

Xeografía rural. Concurrencia, parasitismo e enfermidades

A agricultura baséase na loita contínua contra as forzas naturais. É importante elixir qué especies plantamos. Cada elemento vivo leva asociada unha enfermidade asociada.

  • concurrencia: unha planta medra máis rápido que a que plantamos, competencia entre plantas.
  • parasitismo: animais que destrúen as plantas
  • enfermidades: bacterias