Páginas

jueves, 25 de noviembre de 2010

Xeografía rural. Os solos

O solo é a complexa combinación de materia mineral natural subxacente e xacementos orgánicos que proceden de sucesivas xeracións de vexetacións nas que se produce vida bacteriana, capa máis superficial e na que se produce a agricultura, tamén chamado espesor vital.

O solo é fraxil. Se a agricultura depende do suelo debemos mantelo porque é fráxil e precisa un coidado e unha renovación. Pódese manter aumentando materia orgánica. ¿como se forma o solo? a formación depende da constitución dunha capa mullida susceptible de ter vexetación. Conséguese por fragmentación e acumulación das rochas, por transporte eólico, transporte fluvial de sedimentos..., abonos...

A capa mullida pode ser permeable ou impermeable. Rambla, recorre os alubións, impermeable. En Galicia o terreno é moi permeable. Hai que valorar tamén a acidez do solo, silícea ou calcárea e a introducción de elementos orgánicos no propio solo.

O espazo agrícola é a base sobre a que se sustenga a productividade. Cando falamos de espazo agrícola temos que ter en conta o espesor vital, o mullido que sexa. É importante saber o pH e os elementos que o compoñen. Interveñen no ciclo do carbono e do nitróxeno. Importantes para coñecer as formas de cultivo.

Xeografía rural. Ritmos estacionais.

Fundamentais para entender a actividade agrícola.

As plantas dependen principalmente do solo, o sol e a auga. Polo tanto a área dunha planta depende dunha área climática de do solo.

Os ritmos estacionais son ritmos que están neste proceso. O efecto do sol, da humidade, do rocío... que son elementos que inflúen nas plantas.

Habitualmente a actividade agrícola ten dúas compoñentes, natural e agrícola ou gandeiro. As estacións e os espazos agrícolas son necesarios para decidir a onde se leva o rebaño, que é un elemento móvil que vai onde as condicións o permiten. Os ritmos estacionais e as migracións pastorís (elementos móbiles), a transhumancia, alternancia do uso dos pastos e isto leva emparellado o camiño e as zonas de acumulación. Ten arquitecturas vinculadas, as relacionadas coa necesidade de almacenaxe, de acumular reservas (pallares, corrais, airas) e a arquitectura ligada ao camiño, ó movemento, cañada....

Cando vemos nun territorio unha liña debemos fixarnos nas trazas, que nos indican (explican) un xeito de usar o territorio.

Xeografía rural. Espazo agrícola

Pierre George, 1909 - 2006 ver noticia en El País

Libro "Compendio de Geografía Rural" 1963

O medio e o territorio están relacionados. Os países industrializados describen a industrialización como o final da agricultura. A importancia que segue tendo a agricultura actualmente é que segue sendo fundamental na vida humana e na disposición do territorio. A agricultura é na forma que máis se relaciona o home e o medio. Construcción territorial. O home intervén contra os parásitos, os axentes atmosféricos, as enfermidades, na procura un solo adecuado para a agricultura.

"A agricultura loita contra as inclemencias na procura de suelo adecuado para a producción, un suelo donde medrar."

Debemos darnos conta de que o territorio que vemos está manipulado, non é unha tabla, todo o que vemos é froito dun esforzo.

Pierre George estuda o territorio a través.

  • espazo agrícola
  • ritmos estacionais
  • solos
  • enfermidades e parásitos
  • técnicas
ESPAZO AGRÍCOLA diferénciase das outras actividades en que a unidade de medida é a superficie. O solo valórase en función da súa productividade. O uso do suelo en base á sua producción e medido en superficie. O ferrado é unha peza de madeira que mide a producción de grao dun solo. Polo tanto mide a productividade do solo e polo tanto mide a superficie.
O traballo non se mide en horas, o tempo mídese por ciclos, non comeza ou acaba a outra hora, o traballo depende do tempo.
As condicións naturais impoñen límites. O espazo natural pon límites ao traballo agrícola. Os límites varían dependendo da capacidade económica e técnica do agricultor, e polo tanto os límites poden variar. O elemento natural pon límites ao espazo productivo.

Distribución por zonas do espazo agrícola en dúas escalas, a escala global e a escala local. Hai unha zona entre o deserto e os polos na que podemos cultivar, escala global. 
Hai unha escala local na cal temos que ter en conta os vales, os rios,... que son límites isométricos (altura), higrométricos e edafolóxicos (composición do solo)

O resultado do espazo agrícola é a búsqueda dun equilibrio entre a capacidade da técnica e da capacidade do medio físico. A producción e o límite dun espazo agrícola, depende das condicións da constancia (coidado continuo do terreo)

A loita pola conquista do espazo agrícola e contínua. Debe ser unha acción voluntaria e constante. Sinalar dous conceptos: a sustitución de especies, cambio por outras máis productivas, e a acumulación de experiencias colectivas, aprendizaxe de outras técnicas, para conseguir un producto.  Isto implica coñecemento.

O espazo agrícola é consecuencia de procesos contínuos.
¿como se conquista o espazo agrícola? Primeiro hai que liberar o solo de vexetación natural e preparalo (a rotulación), logo ven a irrigación e a bonificación. Transformamos espazo natural en espazo agrícola. A técnica fai que este proceso sexa máis fácil. O espazo agrícola é o primeiro punto que nos indica a capacidade técnica detrás da súa conquista. Ver o que subxace, que técnicas, que esforzos...

A agricultura é unha mostra da capacidade técnica e social da sociedade que está detrás.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Pronóstico e composición da poboación

-Coñecer o número e tipo de xente

-Formas de pronóstico:

  • método de proxección aritmética, gráfica poboación-tempo 
  • proxección xeométrica (non conta coas migracións)
  • método analítico: introduce variables coma os feitos económicos e sociais. Fanse segundo o desenvolvemento da sociedade. Variables a considerar no control da natalidade (tendo en conta o tempo de pronóstico) Levan a mecanismos de regulación como pode ser o control da natalidade.
O pronóstico ten riscos de erro, xa que non sempre se acerta coa introducción de variables, nin tampouco se pode prever con moito tempo por diante (mellor para pronósticos de poucos anos)

-Composición da poboación. Coñecer a estructura biolóxica dunha poboación, idades e sexo.  Como expresión gráfica representase coa pirámide de poboación, que representa a diversidade da composición da poboación por idade e sexo, representa porcentaxes.  

Na pirámide pódense ler feitos como guerras ocasionais, emigración, refléxase a evolución, as condicións socioeconómicas. Mostra a diversidade da composición do agregado humano. 
Xeralmente as mulleres teñen máis lonxevidade. Actualmente en Galicia existe unha pirámide invertida (máis ancha na parte superior)

Distribución da poboación

A poboación non se distribúe de xeito homoxéneo, é desigual. Concéntrase en grandes áreas.

A densidade de poboación nun área pódese medir (hab/Ha urbanistas) (hab/km2 xeógrafos) indica a xente que comparte un área. Indica á presión que exercen os habitantes no territorio e das posibilidades que hai. A densidade non é reflexo da urbanidade.

As formas habituais de asentarse van ligadas á productividade do solo e á accesibilidade. ->posibilidades de relación

¿como distinguir urbanidade de non urbanidade? Pola densidade social, capacidade de servicios e relacións que poden darse nese área.  Existen tres factores ou parámetros que indican calidade urbana, densidade social

  • volume de poboación
  • capacidade productiva
  • organización
hai que buscar o equilibrio entre as tres variables

A densidade é o índice que indica a adaptación da poboación e a capacidade de aproveitamento dos recursos. Reflexa a complexidade potencial da organización dun núcleo. 

O crecemento da poboación mostra a capacidade de adaptación ao medio, pero búscase un equilibrio. O equilibrio móstranos a variación da poboación, elemento máis variable. e con tendencia contínua ao crecemento. A poboación crece por natureza, disminúe a tasa de mortandade e aumento da natalidade, aumento do nivel de vida e factores técnicos... polo que aumenta a lonxevidade.

A migración, a movilidade. búscase unhas zonas onde hai a capacidade e expectativa de producción.

jueves, 11 de noviembre de 2010

O censo

Hai unha relación directa entre o número e o benestar. Polo tanto, o número é un factor importante das relacións.  O volume dunha poboación sábese polo censo (reconto completo a intervalos regulares de tódalas persoas dunha área determinada).

O primeiro reconto da historia é o de Carlomagno, logo os dos paises nórdicos, Canadá... Nacen pola necesidade, curiosidade de saber cántas persoas pertencen ás áreas.

Os censos cualifican os datos da poboación. Os censos teñen datos distintos nas distintas áreas e ademáis poden non ser fiables nalgúns aspectos. Aporta volume, con graos de liberdade dentro do volume.

Censo por dereito , censo por feito (facto)

Sobre todo en Galicia, os primeiros datos recollíanse nas igrexas. Antes era obrigatorio o bautismo. Agora eses datos non nos serven.

Poboación e hábitat. Estudo da área natural

Entendendo ao home como organismo. Poboación é un agregado de cousas dispares ou individuos que cada un deles responde a unha definición dada e que mantén a súa identidade a través do tempo e existe durante un intervalo limitado de tempo. Leva implícito un lazo de relación, de pertenza. Exemplo: estudante, agregado que ten unha definición dada, que cada un ten a súa identidade e que só existe durante un tempo.

A poboación é un dato, é un algo abstracto, un número e non nos dá mais información ca o número de individuos. É unha primeira aproximación cuantitativa hacia os individuos. 

A poboación relaciónase cos conceptos de comunidade e hábitat. As súas peculiaridades afectan ao proceso de adaptación ao espazo.

HÁBITAT lugar de residencia dunha poboación ou comunidade, o espazo. Falamos do hábitat porque os seus condicionantes condicionan a adaptación. O hábitat é esa primeira fase que é o espazo. 

Hay distintas acepcións de hábitat para según quen:
  • área natural, é a primeira aproximación, calquera delimitada por costas, ríos, montañas, definida por elementos naturais ou calquera unidade fisiográfica. Área física recoñecida. Para os xeógrafos a rexión é calquera porción da superficie con condicións físicas que a delimitan como unidade recoñecida.
  • área cultural, depende de focos onde se atoa a cultura, atópase ligada a anacos de terreo, pero non está distribuida homoxeneamente, senón que se dispersa, os feitos culturais vanse expandindo de forma gradual en función dos puntos focais. A distribución pode ser lineal, ex ligada a un tranvía aparece unha tipoloxía..., ou nuclear, pero nunca é homoxénea.
O importante é a relación entre ambas áreas. Cando falamos de área cultural falamos da área de uso humano. Polo tanto, introdúcese un novo concepto, o de uso. ¿como se explica a área cultural dunha praia? ¿como son os lazos e relacións entre a xente de hoxe? Debemos entender a praia como un espazo colectivo público onde se reunen e logo desaparecen. Isto non ten nada que ver co que está detráis que é a parroquia e as relacións que ten, que son distintas.

O determinismo do medio inflúe no xeito de desenvolver a vida humana (postura determinista); o medio inflúe e limita, pero non determina (postura posibilista).

Rexión é a área dentro da cal a combinación de factores demográficos e o medio crean unha homoxeneidade social e económica.  (resultante de poboación + medio)

Para entender todos os elementos que influen na sociedade, podemos incluir algúns elementos ou actuacións humanas que sí inflúen na sociedade que desenvolven. 

Ao estudar a área natural deberíamos estudiar os factores de interese da sociedade, incluíndo tamén a capacidade tecnolóxica do medio. Neste caso a área de relación aumenta.

Incluindo estes dous aspectos anteriores poderíamos definir as áreas con maior facilidade. Hai certos aspectos culturais que implican territorios máis amplos. Existe unha relación entre a área natural e a adaptación. No proceso de adaptación sempre se fai un reflexo do medio físico.

Para o estudo da área natural e cultural, aínda segue sendo importante a área política. Os datos sempre se apoian en datos políticos.

jueves, 4 de noviembre de 2010

Desenvolvemento da comunidade biótica. Posto do home.

A comunidade, ao igual que un organismo varía sempre. Está sempre en proceso de transformación e adaptación (é fraxil). 3 ciclos fundamentais na adaptación:

  • invasión
  • competencia
  • establecemento (asentamento)
Posto do home na comunidade biótica.
O home vai a organizar a cadea. Forma parte da comunidade biótica, pero a súa relación difire das outras especies. Primeiro, non ten o mesmo nicho. Ten variedade de funcións, ten técnicas e ten moita variabilidade. Pode variar na cadea. Por exemplo, é omnivoro e polo tanto na cadea alimentaria xoga un papel importante, ten moita cantidade de alimentos. Pode vivir en lugares moi distintos. Ten ferramentas. Versatilidade para relacionarse, atópase en todos os hábitats do planeta e pode relacionarse en todos.

Se o  home non é capaz de gobernar o medio, poderíamos clasificar as poboacións en función da capacidade de adaptación. A cidade é o culmen do home sobre o medio. O papel do home no medio é de dominación porque ten moita capacidade adaptativa (ferramentas e memoria) (inventa e ten acumulación de experiencia) o que conleva a crear cultura, reflexo da capacidade humana de respostar ás condicións externas.

Factores (condicións de medio físico e hábitos e desexos do home) asociados ao home na comunidade biótica:
  • condicións do medio: clima, suelo
  • aspiracións da xente: desexos...
"a cidade é a expresión máis completa da dominación humana"

A comunidade biótica

As relacións, a trama da vida, fórmase nun contexto do medio. Isto significa que lle da espacio. A comunidade biótica é un espazo, é un elemento espacial. Como ten que ver coa vida ten que ver tamén co tempo. Unha acepción pode ser "un conxunto de animais e prantas que conviven nun hábitat determinado e que polo seu grado de relación constitúen unha unidade recoñecida". (agregado de organismos que se adaptan ao lugar)

Comunidade: unidade de vida asociada. Formación de especies que responden de xeito colectivo ás condicións do medio. Entidade dun conxunto de organismos que se adaptan ao medio.  A comunidade biótica son polo tanto conxuntos recoñecibles.

A comunidade biótica estudiase pola forma de organizarse e polo seu desenvolvemento. Dada a complexidade dunha comunidade biótica provoca que sea dificil de estudiar, pero é mais doado analizala por partes. Estudiamola a través das seguintes características (elementos universais):

  • hábitat
  • nichos
  • cadea de alimentos
  • dominación pirámide de habitantes
  • equilibrio
Estas características son fundamentais para o estudio dunha comunidade biótica.

Organización da comunidade biótica (comunidade/medio)

HÁBITAT condicións físicas e químicas que distinguen unha unidade de espacio doutra. É a descripción do lugar, do domicilio dunha comunidade. Refírese ás condicións físicas e químicas dun lugar. Son os estímulos aos que os organismos teñen que responder. Son as condicións externas que afectan ao organismo, son características concretas.

NICHO rol, papel funcional de cada especie dentro da comunidade. Refírese ao que os organismos realizan dentro do hábitat. A comunidade é unha organización de nichos. Os nichos son como os eslabóns da cadea de alimentos, polo tanto, a comunidade podería considerarse coma unha pirámide con máis nichos na parte inferior.

CADEA DE ALIMENTOS papel de cada especie e relación dunhas coas outras. O coñecemento das relacións, dos organismos, o número de organismos é importante para definir esas relacións.

Regulación do número de habitantes. existe para cada especie e para cada xeito de vida, un número óptimo de organismos. Calquera variación afectará ás especies que o rodean. É importante buscar o número de individuos adecuados, búsqueda dun equilibrio. O equilibrio chegará cando se consegue que a demanda coincide cos requerimentos.

O equilibrio só ten sentido en comunidade, entendida como elemento único ou conxunto armónico.

A interrelación da vida

A trama da vida. A relación entre as distintas formas de vida é unha relación complexa, que ten moitas posibilidades (combinacións), e ademáis os organismos están interrelacionándose.

A cadea de alimentos. Existe unha retroalimentación. A trama da vida é unha metáfora que nos explica a multiplicidade de relacións: a simbiose e comensalismo.

A simbiose é a relación de dependencia mutua entre organismos desemellantes. Existe esta relación porque os organismos se complementan. ¿onde se asentan os cultivos? nos lugares máis adecuados. Cando vemos unha zona vemos que funcións se poden levar a cabo alí.  Prima a idea de colaboración, formas de axuda.
O parasitismo é unha forma de simbiose na cal un organismo se aproveita do outro ainda que non o perxudica. Por último está o ilotismo (escravitude)

O comensalismo é a competencia, a loita entre elementos, a expresión máis elemental. A competencia está nun grao similar á reproducción, está inherente en nós. Ás veces é un estímulo. Amos Hawley di que a competencia pódese medir polo número de individuos dun área. Unha cebra debe loitar con outra cebra, correr máis ca ela, non máis ca unha leona. Na competencia, o valor da cantidade pode servir para defenderse mellor. A simbiose é unha relación entre especies e o comensalismo é unha relación dentro das propias especies.

As especies son importantes dentro do estudio ecolóxico dende o punto de vista ocupacional, non dende a forma.