Páginas

jueves, 14 de abril de 2011

Nacemento do TEAM X

Entender a cidade coma un sistema de lugares.

O Movemento Moderno predominaba o aspecto de renovación contínua. Busca criterios urbáns e un plantexamento metodolóxico, basado nos criterios urbanos, valoración social...

Cando se fai o congreso CIAM X de Dubrovnik en 1955 nótase que se está a perder a preocupación pola cidade. O congreso fíxose tan multitudinairo que xa non se podía discutir, reflexionar,... nace o TEAM X, reflexiona sobre o ambiente urbano, condicións sociais, a relación entre as pezas...

Cidade de posguerra: hai que intervir no existente. Interesa a creeación dun ambiente urbano. Ponse un acento no ambiente, valorar as preexistencias sociais, urbanas, introducción da vida cotiá na evolución. Xa non solo é importante a creación de pezas senón tamén a relación entre as pezas. É importante a creación do espacio urbano.

Cámbiase o concepto de espacio polo de lugar. Cárgase de valor todo aquel cheo de historia, a luz, o espacio, a materialidade do lugar, a cultura,... Pasa a haber unha percepción táctil. Contextualización e expresión, o valor dos signos do lugar.

TEAM X: Bakema, Kandilis, Aldo van Eyck e Alison e Peter Smithson, principalmente. A.P Smithson teñen a idea de comunidade, referíndose á colectividade, gustos, necesidades, aspiracións.
A.v. Eyck valora a tecnoloxía tradicional. Atopar o que hai de común nas formas construidas polo home. Sempre nos fixamos no diferente e non no igual. Referímonos a cultura e ó simbólico.
Bakema: humanista
Kandilis: busca a mellora das condicións do home.
Poderíamos engadir a Coderch, Giancarlo de Carlo, Shadrac Woods....

Todos eles teñen en común a visión da cidade intentando recuperar o ambiente, a vida urbana. A visión da tradición copiada, entendida. Revisión formal da arquitectura e a implicación social do arquitecto.

Manifesto de Doorn 1954.

  1. É inutil considerar a casa como centro, senón como parte integrante dunha comunidade.
  2. Contextualizar a casa
  3. O habitat concerne á casa particular coma un tipo de comunidade particular.
  4. A sección do valle de Patrick Geddes, nela recoñécense os tipos. Concepto que analiza a tradición
  5. Estudio da vivenda e da agrupación da mesma para crear comunidade. Importancia da comunidade do factor humano.

Cada época require unha linguaxe, un instrumento que sirva para enfrentarse aos problemas que se planexan así coma aqueles que seguen sendo os mesmos das épocas pasadas, é dicir, aqueles que se refiren ao home.

Chega o momento de fundir o novo e o vello. O home ten as mesmas necesidades, hai necesidades itemporais. Descubrir de novo significa descubrir algo novo.

A arquitectura implica un continuo redescubrimento das cualidades humanas fundamentais trasladadas ao espacio. Os arquitectos están falando do distinto do noso tempo, polo tanto, perderon o contacto co que non cambiou, co que non é diferente. A solución é ampliar o campo de experiencia e intensificalo. Botar abaixo as barreiras formais e emocionais.

Non é tan importante a forma senón o espacio que se xenera. A linguaxe dos arquitectos é unha linguaxe que mira para sí mesmo, deberíamos romper a linguaxe para abrirnos a outras.

A arquitectura e o urbanismo son a expresión espacial da conducta humana. Aqui abrenos todo un campo de investigación. Teremos que saber as proxeccións das necesidades. Moita xente está interesada na tecnoloxía, pero non nos cambios que eso aporta, ¿cal é o aporte á vida?

Hai cinco grupos de temas estudiados polo TEAM X:

  1. Asociación: modelos de asociación, identidade. Aparece a rúa, elemento fundamental. Non é solo unha vía de acceso, senón tamén unha expresión social.  A rúa é o escenanario da vida, onde se desenrola... Creación dunha comunidade que debe ser recoñecible.
  2. Identidade dunha sociedade móbil. Hai que entender o home no seu ambiente. Hai que darlle mobilidade suficiente para que se identifique. (ex. Barrio das Flores, Corrales intenta unha rúa comercial)
  3. Modelos de crecemento. os puntos anteriores implican sistemas, relacións sociais máis complexas. Xa non nos chega con baixar do coche e entrar na casa. Isto implica escalas de intervención, o urbanismo debe estar atento ás novas necesidades sociais.
  4. Cluster. introducida no congreso do 56. É unha forma específica de hábitat. Unha forma de organización para cada siguación particular, é a creación dun hábitat, implica estructura e orden. Estructura do lugar crea dimensión onde ten lugar a vida. Unha paisaxe é un lugar onde nos sentimos identificados, onde nos relacionamos, ten referencias. Estructura (falando das condicións do lugar) Búsqueda dunha estructura, dun orde, de buscar as referencias do lugar.
  5. Mobilidade: hai que entender que si falamos dunha cidade dinámica, o novo modelo urbano debe recoñecer esta cualidade. Unha das condicións do lugar é por onde entramos. O feito das cualidades mostra a orde do movemento.