Páginas

jueves, 26 de mayo de 2011

jueves, 19 de mayo de 2011

Novos conceptos de cidade

A cidade é un feito complexo e un feito diferencial. Atopamos manifestacións que se poden entender como cidade. Como xa fixera Patrick Geddes, poñemos alerta do que vai suceder, aportar visións de futuro. Vai haber síntomas de modernidade no territorio. Si sabemos o que ocurre pero non porqué ocurre. Geddes defíneo como caixa negra.

Estamos falando dunha cidade que fundamentalmente ten un centro e unha periferia.

Manuel de Solà-Morales explica un novo concepto de periferia. Non podemos entender a periferia como o lugar á que se expulsa o que a cidade non quere, valor do lugar, como lugar significativo. Lugar baleiro que nos abre todas as posibilidades de abrirnos. É un campo de liberdade e de inversión.

Valor de liberdade, de baleiro e o valor da mestura: vivendas, administración

Pierre Nicola:  Valora a falta de coherencia entre o elementos da periferia. Falta de cohesión como outra dinámica de urbanidade.

Rowe: recoñecer o crecemento baseado nas listas de temas. ¿que listas de tarefas poderíamos engadir aquí? Aperturas de novos casos, programas, tipoloxías.

Collovà. Idea de resistencia, elementos resistentes que se conservan. Proxectar dende a singularidade.

Busquets e Richard Serra. Ruptura na morfoloxía dos trazados. Búsqueda de trazados inacabados para mediante pezas poder completar a urbanidade. Espazos brancos, atraen a edificar. Datos topográficos e morfolóxicos como base do abstracto.

P. Panerai: Fai fincapé na rotura parcelaria. A base do estudo será a riqueza e a variedade parcelaria.

Christiansen "Monumento y nicho" superposición de formas construídas. A riqueda da mestura e da superposición.

Solà-Morales fala de que debemos traballar con proxectos urbanos, que valoren a calidade do lugar no que se vai actuar e que serve de base para futuras edificacións. O valor do proxecto urbano: recoñecer o valor do lugar e que á vez nos aporte o recoñecemento dos elementos...

Modelos de asentamento: formas mixtas e novos modelos de asentamento. Debemos buscar novos modelos que teñan ese carácter de urbanidade. Na agregación aparecerá vinculado o baleiro, a paisaxe,...

Distancia interesante: distancia que propoñemos entre os elementos que construímos como alternativa á continuidade e ritmo da cidade clásica. Ritmo da periferia, variación entr elementos construídos e o baleiro.
¿secuencia de agrupación?

Edge cities, modelo que nace dun libro de Garreau. Ver artículo de José Luis Mateo "el crecimiento de las ciudades, el modelo NAC, new american cities" A cidade americana nace do crecemento en malla, por comodidade, economía de medios, continuidade infinita. Saen unhas vías principais dende o centro.Cidades que nacen vinculadas ao movemento. Distínguense por destinar unha gran superficie a oficinas e comercio. 7000 campos de futbol de extensión da cidade. Case a metade de ese espacio son comercios e oficinas. Haberá hoteis e algo de vivenda.

Buscan como un slogan que as identifique, cidades que chaman a atención. Ao competir entre elas, algunhas fracasan e quedan esqueletos urbanos que quedan espectantes, baleiras.

Hai dous modelos que logo se exportan: a galería comercial, edificio de tres plantas, con oco central iluminado e escaleria mecánica que organiza as distintas pezas. A xente participa do espazo de mercado.

Os rañaceos, entramados polos sotos. A rúa non existe nestes tipos de cidades . A rúa é so para os coches. Entramos nos edificios polo aparcadoiro. O ascensor pasa a ser fundamental.  A edge city non é un paso máis. Aporta a idea de cidade territorio, xa non hai un modelo centro histórico-periferia, pasa a ser a cidade territorial, calquera espazo podería ser cidade.

Pasamos ao concepto de globalización, a isto súmase a teoría que introduciu Lefebvre e tamén temos que sumar o desarrollo informático. As claves desta cidade serán os puntos de relación e de intercambio. As claves están na producción e no consumo. A presencia da cidade pasa aos centros historicos. A memoria pasará a ser museo. Os centros históricos estarán museizados, chegarán os turistas, e polo tanto, volve a ser froito do intercambio. Hai cidades que só son museos.

A cidade territorio (posibilidade de ubicación), o centro histórico como lugar de consumo e control.

A cidade territorio impide a programación, non podemos planificar un espazo sin límites. É tamén un desafío ás relacións comunitarias, ás formas tradicionais de vida. É un territorio de paso, pasamos a través de formas híbridas, xa non existe a parada. O espazo é un espazo de paso.

As distancias pasan a medirse en métricas temporais. Os edificios serán espectáculos para que nos atrian e nos despracemos cara eles. As persoas somos consumidoras de tempo e mercadoría.

Isto conleva á arquitectura dos contenedores. Se estamos habitando unha cidade pola que pasamos, o límite desaparece, só terán límites administrativos e artificiais.

As funcións disemínanse polo territorio. Grandes contenedores de consumo de enerxía, o territorio posmetropolitano é unha xeografía de acontecementos, baleiros ocúpanse sen capacidade de previsión, de programación. Os límites son ficticios.

O postmodernismo xorde dunha certa crítica ás condicións da modernidade da crítica á confianza do home, ós valores aprendidos... Os cambios nos xeitos de implantación, e aparecen algúns filósofos que creen que a modernidade non rematou e outros que xa non cren la modernidade.
Jean-François Lyotard
Jameson "el postmodernismo o la lógica cultural del capitalismo" 1991

¿cal é o papel do arte e a cultura no momento actual?
Manuel Castells "Sociedad real"
C Salmon "Storytelling"
Fourier fala da distracción, da conciencia mariposa
...

jueves, 12 de mayo de 2011

A revolución urbana.

La revolución urbana. Henri Lefebvre 1972.

Redacta a cidade, analízaa tal e como se está a desenvolver nese momento. Estamos nun momento de reflexión e crítica da cidade. Analiza as cidades a partir das diferencias. En todas elas se producen fenómenos de forma diferencial. Parece que lle chamamos cidade a calquera contínuo construido...

A cidade exténdese polo territorio, pero máis que unha cidade diluida, ¿que é? A cidade é algo que está colonizando todo o territorio, morte do rural.

As necesidades son todas diferentes, ocupa todo o territorio. O mundo rural parece desaparecer.

Solo poderá estudiar o medio urbano a partir dunha hipótesis. Xa temos que considerar todo o territorio como posible para habitar e supoñer o 100% do territorio pode ser urbanizado.  O mundo rural consérvase coma unha reserva. En moitos lugares xa ocurre. O mundo rural vai desaparecendo e a cultura que o acompaña tamén. A cidade absorbe o rural. Polo tanto aparecen trozos de cidade no campo que non son rurais.

Ata os elementos naturais máis salvaxes xa están controlados. A cidade medra por paquetes.

Se o  100% se pode urbanizar, todo o territorio pode ser urbanizado, pero non todo o está, é un punto crítico despois da cidade postindustrial.

Formas anteriores de cidade:
A cidade política: a cidade organizada dende o poder. Aparecen os cartos, son propiedade móbil. Non estarán nas cidades os portos e aquelas actividades que representan outra cousa que non son os nosos espazos.

XV. A cidade comercial, caracterizada polo mercado; o espazo de contacto é comercial, o de intercambio, cambio na organización do espazo, aparecen os mercaderes, que se asocian .

Cidade da revolución industrial. Rotura das estructuras sociais e haberá un gran trasvase do campo á cidade. A industria necesita a forza de traballo, gran cantidade de xente. Paso dunha economía doméstica , de manufacturación a unha economía de fábrica. A cidade Industrial aparece donde xurden as fontes de enerxía  e acompañan ás cidades existentes, onde reside a man de obra.  Aparecerán os sindicatos, as leis sanitarias...  Pasa a ser unha cidade de códigos.

Cidade postindustrial. Fala da cidade dos anos 70, a cidade que él está vivindo (Lefebvre). Transformación da industria, loita contra a industria.  O crecemento da cidade.

A cidade segue sendo un lugar de concentración de xente, de enerxía, de poder, economía e relación. Leva asociado o concepto de disolución, cada vez expulsa máis certas funcións. Punto crítico: punto no que se recoñece o fenómeno de concentración e expulsión. A urbanización é global, polo tanto, xa non podemos falar de cidades senón da problemática urbana.

Non sabemos como é a forma da cidade porque non sabemos como é a sociedade que a representa, como é a estructura social. Cambiar a cidade.  Postura: revisión crítica que estudia os procesos que están a producirse na cidade.

As formas estructurais de crecemento urbano.

Las formas estructurales de crecimiento urbano. Manuel de Solá-Morales 1997

Pensamento: o problema da cidade é o crecemento. A cidade non existe se non hai crecemento. Podemos estudar a cidade en base a isto. Estudiarémola a partir da xénese da forma (estudio estructural) e da xénese dos factores que a explican.

As formas estructurais son aquelas que levan implícita a estructura do crecemento da cidade. "Se tipifico os procesos de formación explico as distintas etapas de formación da cidade e explico tamén as razóns da forma e a súa xénese". O que fai é unha clasificación de formas, que el chama estructura, que están presentes no crecemento da cidade, distinguindoas segundo as súas homoxeneidades.

Factores que explican a xénese da forma: se tipifico a forma de crecemento da cidade, explico as bolsas de crecemento. A idea fundamental do libro é o coñecemento. A importancia da complexidade que ten, xa que non medra de forma lineal senón que medra de xeito diferencial. Cada cidade é unha realidade diferente (metrópoli, grande, mediana, pequena...)

O estudo do crecemento a través das actividades,  servizos... o que realmente nos interesa é o estudo do crecemento, os demáis son estudios parciais.

Os elementos básicos que conforman a cidade:

  • a estructura do solo: morfoloxía, tipoloxía (parcelario)
  • as redes de infraestructuras(de urbanización)
  • a construcción de edificios (edificación)
Tres infraestructuras, de soporte P, parcelación; de servizos U, urbanización; construcción, tipoloxía edificatoria E. Estes tres parámetros son os que explican o proceso constructivo.

Método: recoñecer as formas de crecemento de forma organizada. Recoñece unha serie de formas. Clasificaas como formas estructurais de crecemento recoñecidas e non recoñecidas.

Entre as recoñecidas polo planeamento:
  • ensanche P, U, E
  • polígono PUE
  • cidade xardín U,P,E
  • crecemento suburbano U, PE

Entre as non recoñecidas polo planeamento
  • barraca E
  • invasión P
  • procesos marxinais PUE
Solà-Morales recoñecerá estas formas en función dos parámetros. Estudia o orden destes parámetros.

Ensanche, permite moitas posibilidades e crecemento
Polígono o propio polígono dificulta a conexión, a continuación co resto da cidade.
Cidade Xardín, a definición da parcela é fundamental. Pasear por ahí implica ver os peches das parcelas. Gran forza do peche, da individualidade e da diferencia. A parcela é o elemento significativo. Neste tipo de forma, proxectar é realmente iso.

O concepto que está detrás dos parámetros e as formas estructurais está a estructura. As construccións deben levar asociado un xerme estructural, debe levar implícito algo máis que permita a apertura, que non se cerre en sí mesmo. Sempre ten que haber un elemento explicativo que vai máis alá da distribución, ten que prever e permitir os cambios. 

Ahora explicaríase a ideoloxía, a xestión, os antecedentes e o pensamento que hai detráis do proceso de cada forma. Solà-Morales aumenta a xestión (privada, pública e cooperativa)

Ensanche: ideoloxía (cidade nova, burguesía, casa de renta) xestión (pública da parcelación e privada da edificación. Desenvólvense a partir dun plano e dunha ordenanza)  Antecedentes: cidades trazadas das bastidas, as cidades americanas de Felipe II... Pensamento: parcelación en malla, capacidade de transformación, a representación dunha nova cidade...

jueves, 5 de mayo de 2011

A arquitectura da cidade

La arquitectura de la ciudad Aldo Rossi 1966.

Método: relación dos elementos, isto provén do estudo da linguaxe. Relación entre significante e significado. Non significa o mesmo un termo para cada persoa. Os elementos tamén son importantes para cada persoa. Cada persoa ten unha percepción.

Importancia da permanencia-cambio: as leis que deron orixe á formación e permanencia dos elementos.

Tendenza: conxunto de persoeiros que critican ao movemento moderno. Entenden un novo racionalismo, ¿que pasa realmente coa arquitectura? Reflexión sobre a actividade da arquitectura. O estudo da arquitectura é un estudo da cidade, porque é feito pola voluntade do home. Entenden que a cidade é unha arquitectura.

As cidades son coma unha construcción ao longo do tempo. Construcción colectiva. Dúas palabras clave. É a creación dun ambiente da colectividade. Fala do mesmo que Lynch, a creación dun ambiente (colectivo ou natural)

A arquitectura é connatural á civilización porque é permanente, universal e necesaria (civilización=> creación de cultura) A cidade como creación colectiva é un feito natural e necesario . Creación dun ambiente propicio para a vida e cargado de intención estética. A cidade é unha creación humana e cultural.

Idea: a cidade como unha estructura espacial. A cidade faise a través da arquitectura. Relación unívoca, necesaria e elemental entre a cidade e os elementos que a compoñen. A relación maniféstase mediante a forma (procesos constructivos), existindo unha relación entre tipoloxía e morfoloxía.

Ante a perda do caracter disciplinar da arquitectura, recurre aos xeógrafos franceses, salta o Movemento Moderno para buscar a orixe da arquitectura, porque entende a descripción como método de coñecemento e porque ademáis a forma ten unha permanencia (memoria).

Arquitectura é específica en canto a acto creativo, elemento subxetivo. Elemento colectivo que se vai engandindo. Arquitectura como calquera actividade que manipula o espazo de xeito sensible. Arquitectura é construir cidade. O feito urbano na cidade é arquitectura en sí.

Será importante o lugar e a percepción global.

Lugar: aquel espazo cheo de actividade humana, características físicas e posibilidades. Arquitectura: creación de escenarios onde levar a cabo a vida.

Forma: manifestación do carácter permanente da arquitectura. Elemento disciplinar fundamental. Manifesta o proceso constructivo (tipo)

Tipo: manifestación do proceso de construcción de arquitectura. Estructura que explica a forma e vaise construindo segun a necesidade e según as aspiracións á beleza.

Beleza: relación individual dentro do conxunto.

Temos que ver a cidade como arquitectura, ver a súa estructura, como se constrúe...

A cidade está composta de elementos primarios, monumentos, cultura, colectivo; de elementos secundarios, residencia (necesidade) Preocupase de entender qué constrúe o home e que relación produce isto. A forma da cidade está relacionada coa forma das arquitecturas que se constrúen. Relación directa tipoloxía constructiva e morfoloxía urbana.

Conceptos:


  • tipo
  • forma, permanencia
  • cidade (consecuencia do feito urbán)
  • locus (importancia do lugar, condiciona a arquitectura pero non pode ser unha estratexia) A arquitectura evoca e plantexa unha relación co lugar.

Método: plantexa tres escalas no estudo da paisaxe urbana.

  • Rúa
  • Barrio 
  • Cidade
Rúa: fundamentalmente o parcelario e o plano (planimetría) estudo dos inmobles. Bloques separados, unidos, ocupando toda a parcela. Establece categorías tipolóxicas para aclarar o método de análisis.  ¿qué repercusión ten a normativa na forma? Estudase a través das infraestructuras, con datos históricos...
Apoiarse sempre en datos para obter unha clasificación explicativa do método constructivo. 

O mesmo faría no barrio ou na cidade.

No seu proceso de análisis coloca distintos elementos en distintos lugares para así obter as tesis que subxacen, as relacións que permiten a creación de ambientes onde desenvolver a vida.

O valor da forma, da relación e construcción. A arquitectura evoca situacións e relacións.