Páginas

jueves, 16 de diciembre de 2010

Organización do espazo. Paisaxe rural

O espazo non é inmutable, cambia pero é resistente.

A paisaxe rural é un espazo conquistado polas técnicas agrarias. Elementos de esa paisaxe, ver fotos aéreas, manchas de prados, plantas, elementos de protección e irrigación, terras de labor e o espazo bruto. Distínguense os campos abertos dos pechados, según as liñas de protección que marcan o territorio, silveiras, caidas, arbolados... e responden á forma do territorio.

O acondicionamento para a producción e a conquista do espazo agrícola:
  • roturación: acondicionamento do espazo agrícola para producir. Transfórmase o espazo bruto en espazo de cultivo. Pierre George propón roturacións periódicas. O arado xera unha paisaxe, unhas tramas
  • conservación: o espazo agrícola é fráxil. Fertilización, auga como ben imprescindible. Organización disciplinada da mesma, liñas de conducción, canalización, regos...
  • protección dos cultivos: cultivos que protexen a outros, liñas de protección. Estas liñas de protección tamén teñen relación cos animais.
Os camiños aparecen por onde é máis comodo camiñar, varia según condicións, alternativas. Organiza a paisaxe de acordo ás condicións do territorio.

As hortas son espazos cultivados vencellados á vivenda. Primeiro elemento de producción. Están no perímetro entorno ao núcleo rural.

O parcelario representa as vicisitudes das aspiracións pola propiedade e das calidade do solo. Se observamos as concentracións parcelarias detectamos as persistencias e elementos herdados.

Na paisaxe rural aparecen as novas técnicas introducidas, instalacións, rede eléctrica...