Páginas

jueves, 16 de diciembre de 2010

Propiedade e explotación

Transformacións de formas e aproveitamento, transformación xurídica.

A propiedade pode ser individual ou colectiva. A propiedade individual pode ser gran propiedade (en Galicia sobre 100 Ha) e pequena propiedade. Depende do terreo e cultivo, mostra a realidade de Galicia.

A propiedade colectiva pode ser patriarcal (vivindo en comunidade) exemplo o campo da festa, montes comunais, airas... ou pode ser coma nos países socialistas (comunistas, China, Cuba, Rusia, Mozambique...) onde se apropia o estado da terra e se reparte de forma equitativa.

A explotación pode ser directa se é o propietario o que a fai, ou indirecta se é en arrendamento. Para entender a parcela e as súas vicisitudes é preciso coñecer ao propietario, xa que o parcelario é testemuña da realidade social do solo. A agricultura é a primeira arquitectura.

Vencellada ás pequenas propiedades, a explotación directa familiar, onde o propietario explota e é dono dos medios. Búscase o equilibrio económico e social, conseguir os bens para sobrevivir e que permitan o autoemprego, solvencia económica. Depende das técnicas como da unidade familiar, subdivisións, herdanzas... Complejización familiar (vinculeiro, mellora...) papeles na sociedade asociada á explotación.

Como modelos de explotación directa de gran propiedade, a gran propiedade é o latifundio, e está dirixida, as terras e o cultivo por un organizador. Aparce a gran propiedade dirixida en economía industrial, onde o administrador ten tarefas mecanizadas, operarios estacionais, postos permanentes. E como modelo de propiedade está a propiedade especulativa americana, onde non hai emprego permanente, non hai ninguén, está todo mecanizado e só hai visitas de inspección.

As plantacións son traballos espontáneos, desprázase xente en torno ás recoleccións.

Os arrendamentos aparece un arrendatario e un aparceiro ou patrón, que paga coa parte proporcional da cosecha as rentas en base á productividade.

As explotacións dos países socialistas onde se elimina a propiedade privada e o estado establece as produccións. Aparece o modelo de granxa solhos, que funciona coma unha empresa e os kolhos que son cooperativas de traballo en equipo.

A comuna china. unidade administrativa e económica. O encargado "tipo exército" con máis encargados, carente de dirixentes segun os requerimentos do estado, é unha evolución sobre a arquitectura tradicional. Cooperativa agrícola, adquisición e venta, con acceso ao mercado, as propiedades son da comunidade.

Propiedade individual: gran propiedade ou pequena propiedade

Propiedade colectiva: patriarcal , países socialistas.