Páginas

jueves, 9 de diciembre de 2010

Liberación desigual e incertidume permanente. O policultivo

Os pobos primitivos teñen unha maior dependencia do solo. A técnica permite unha maior comodidade ao uso do mesmo. Cando un non ten as suficientes técnicas para afrontar as cousas que non podemos combatir, aparecen os ritos, a necesidade dunha defensa do máis alá, psicoloxía...

O policultivo é unha das grandes loitas do home contra a incertidume permanente. A necesidade de garantir a dieta e a seguridade de esta.

Os sistemas de policultivo. Cultivo no mesmo espazo agrícola disintas plantas comprementarias, por exemplo o liño combate o escarabello, polo tanto é bo coas patacas. Plantamos onde a natureza do suelo é a adecuada e rotamos os cultivos.

As consecuencias deste sistema é a excesiva fragmentación, agravada por divisións de herdanzas. Isto implica que onde hai moita fragmentación do solo, a calidade deste é boa.

A especialización funcional, zonas de montes, prados, cultivos.
Valores do policultivo: aproveitamento máximo do terreo, pleno emprego (coa rotación de cultivos), productividade do que eliximos (seguro contra calamidades)e mellor rendemento do suelo.

O policultivo saca a primeira defensa dunha colectividade rural frente ao medio e ás incertidumes. Elemento que implica a unha colectividade. De aquí xorde que exista a parroquia, o santo... toda unha tradición dun mundo agrícola.

A paisaxe, en apariencia con unha diversidade de cores, desorde aparente e unha fragmentación extrema a escala reducida.

A súa organización dependerá das condicións do suelo. O coñecemento da diversidade, as distintas composicións. As variables xenéticas, variacións sobre animais e plantas...

Formas superiores de liberación: a técnica permite cambiar o suelo, os animais, a climatoloxía... Estas formas dependen da revolución industrial e da investigación científica, o que esixe medios, pero xa non estamos a falar de sociedades agrarias senón industriais.