Páginas

jueves, 13 de enero de 2011

¿como vemos o espazo agrícola?

Elementos constitutivos do espazo agrario e representan e explican as técnicas para construir o territorio. As masas son os elementos sobre os que se traballa, parcelario. Os peches (cierres) sempre con propietario son definidores e protectores do espazo agrícola. Os materiais cos que está construido o peche inflúe no aspecto desa paisaxe.

A arquitectura ligada ao medio.

Relación terra-home. (propiedade xurídica e explotación económica) explicada no parcelario.

traballo (masas) movemento (camiños)


Os camiños, canles, conectores, abastecen o territorio. Vinculados ao peche e ao borde.

camiño-peche-parcela. Define un espazo e é un espazo. Configura os entronques, as relacións. Coma por exemplo o camiño de Santiago, unión de camiños. Transforma os espazos polos que pasa.

Lugares habitados. arquitectura que se habita. Non é a única arquitectura. Etapas de transformación, expresan unha orde, unha organización.

Ver a relación entre masas, camiños e lugares habitados. Construcción do territorio, presente no parcelario (relacións xurídicas entre home e territorio) e sempre hai unha referencia (ex igrexa, materialización da loita contra a incertidume permanente)

A organización do espazo comeza polo espazo agrícola (productivo)