Páginas

jueves, 27 de enero de 2011

O hábitat rural

Amos Hawley: "residencia dunha comunidade"
Para Pierre George: Hábitat coma o xeito de estar distribuidos os lugares habitados no interior dunha determinada rexión. Isto implica dous conceptos: lugar e humano=cultura.

 
O estudo do hábitat terá relación coa cultura, construcción, relación co territorio e a experiencia. Se a cultura é a experiencia e lle sumamos o tempo, falamos de arquitectura.

 
Hábitat rural , relaciónase co hábitat agrícola
Hábitat urbano.

 
Os núcleos aséntanse pola fertilidade do solo ou poa boa comunicación. O concepto de rural refírese ao conxunto de accións relacionadas coa vida no campo. Maniféstase no xeito de distribución das poblacións.

 
O dato relacionado co número de poboación que fan os xeólogos para distinguir rural de urbano non é de todo correcto. O hábitat rural debe ser aquel que se relaciona co territorio. O rural é aquel que ten actividade na vida do campo (ainda que non sexa agrícola)

 
Estudo a través dos termos de densidade: concentración ou dispersión. Hai unha serie de factores que afectan á dispersión ou concentración:

 
  • Factores históricos: por tradición, ex os pobos celtas teñen certa dispersión.
  • Factores naturais: inflúen nas formas de asentamento. A auga é un factor de concentración. Se hai pouca auga hai que concentrarse e de dispersión se hai abundancia. Os manantiais de auga son lugares específicos e son elementos referenciais. A media ladeira é un espazo límite entre o espazo agrícola e o bosque. O que organiza o territorio é a actividade agrícola, o solo. O vento, as áreas de benestar débense estudiar. Estúdiase a topografía e o clima. O vento afecta á concentración e á dispersión. As zonas de inundación.
  • Organización social: o que nos ven dado. As preexistencias, un pazo, un castelo...
  • Os sistemas de cultivo: a pequena propiedade implica que a vivienda non ocupe o mellor espazo agrícola, concentración e aproveitamento do solo.
  • aparición de novas ofertas de comercio.
  • Reparto. pode implicar concentración ou dispersión dependendo de como se faga.
O parcelario vai admitindo os cambios.

Todo isto débenos axudar a coñecer os límites. 

 
A dispersión intercalar, complexidade e a combinación de factores de concentración e dispersión. Complexidade da realidade territorial. Continuidade espacial debida á complexidade e aparición de elementos novos.

 
Hai uns nomes asociados a unha altura, o nome leva implícita unha relación co lugar. O nome é a primeira aproximación ao lugar. Isto ocurre porque falamos de cultura, de experiencia.

 
Organización entre núcleos: homoxeneidades e heteoxeneidades.


  • Relación dos núcleos co espazo productivo agrícola. Isto é moi importante se tamén o relacionamos co medio físico.
  • Relación co medio e elementos xeográficos, outeiros, vales, borde do mar, dun rio...
  • composición inmobiliaria, características das construccións, se destaca algunha edificación, igrexa, espazo libre...

Formas características dos pobos, lineais, apiñadas, radiais. É sinxela, pero só fala dunha pequena parte, complementaríase dicindo se son moi densos ou non e se son de organización aberta ou pechada.

 
Os núcleos son unha resposta dunha comunidade no seu proceso constructivo adaptativo en relación cun material e unha actividade.  Aparecen entón pobos graníticos, de adobe...