Páginas

jueves, 3 de febrero de 2011

Alquerías y poblados.

Alquerías y poblados. Emery Jones.

O territorio está continuamente cambiando, prodúcese a adaptación porque hai unha necesidade, a necesidade de subsistencia. Pero tamén hai un factor novo, o instinto de protección que é complementario á necesidade de subsistencia.

A primeira creación de arquitectura é a creación de protección, dos enimigos ou das condicións meteorolóxicas... O lume é un perigo pero tamén axuda para cociñar, agricultura, protección dos animais...

¿Como nos protexemos? O primeiro é a elección do lugar. Protección do vento, ter cerca o lugar de cultivo... O seguinte que temos que ter en conta é coñecer os materiais dos que dispoñemos, é dicir a elección da técnica e da materia prima do lugar. Isto relaciona o lugar co material e introduce outro elemento de relación que é a técnica. Protexémonos coa elección do lugar, cos materiais do entorno. Cada vez que empregamos un material, facémolo empregando unha tecnoloxía, e polo tanto unha arquitectura.

A tecnoloxía irá vencellada ao material, novos materiais implican novas tecnoloxías. Cando loitamos contra algo coñecido podemos usar a técnica. Pero cando é algo que non coñecemos necesitamos usar a simboloxía. A simboloxía polo tanto está relacionada coa cultura e transmítexe. (cruz e lanza na cima dos hórreos)

O hábitat é unha relación cultural. Método de estudo:

  1. Emplazamento: relación da parcela coa súa casa. Como está orientada, se ten ou non construccións complementarias, situación dentro da parcela, ... (relación casa-finca)
  2. Características esquecéndose do emplazamento, estudamos a relación entre os elementos construídos, tamaños, relacións, densidades (relación casa-casa)
  3. Distribución: se cambiamos de escala vemos como están formados os núcleos, vemos as rexións... (relación núcleos-entorno) Cando existe máis dispersión é porque hai máis seguridade. Cando están máis concentrados significa que se necesita protección.