Páginas

jueves, 5 de mayo de 2011

A arquitectura da cidade

La arquitectura de la ciudad Aldo Rossi 1966.

Método: relación dos elementos, isto provén do estudo da linguaxe. Relación entre significante e significado. Non significa o mesmo un termo para cada persoa. Os elementos tamén son importantes para cada persoa. Cada persoa ten unha percepción.

Importancia da permanencia-cambio: as leis que deron orixe á formación e permanencia dos elementos.

Tendenza: conxunto de persoeiros que critican ao movemento moderno. Entenden un novo racionalismo, ¿que pasa realmente coa arquitectura? Reflexión sobre a actividade da arquitectura. O estudo da arquitectura é un estudo da cidade, porque é feito pola voluntade do home. Entenden que a cidade é unha arquitectura.

As cidades son coma unha construcción ao longo do tempo. Construcción colectiva. Dúas palabras clave. É a creación dun ambiente da colectividade. Fala do mesmo que Lynch, a creación dun ambiente (colectivo ou natural)

A arquitectura é connatural á civilización porque é permanente, universal e necesaria (civilización=> creación de cultura) A cidade como creación colectiva é un feito natural e necesario . Creación dun ambiente propicio para a vida e cargado de intención estética. A cidade é unha creación humana e cultural.

Idea: a cidade como unha estructura espacial. A cidade faise a través da arquitectura. Relación unívoca, necesaria e elemental entre a cidade e os elementos que a compoñen. A relación maniféstase mediante a forma (procesos constructivos), existindo unha relación entre tipoloxía e morfoloxía.

Ante a perda do caracter disciplinar da arquitectura, recurre aos xeógrafos franceses, salta o Movemento Moderno para buscar a orixe da arquitectura, porque entende a descripción como método de coñecemento e porque ademáis a forma ten unha permanencia (memoria).

Arquitectura é específica en canto a acto creativo, elemento subxetivo. Elemento colectivo que se vai engandindo. Arquitectura como calquera actividade que manipula o espazo de xeito sensible. Arquitectura é construir cidade. O feito urbano na cidade é arquitectura en sí.

Será importante o lugar e a percepción global.

Lugar: aquel espazo cheo de actividade humana, características físicas e posibilidades. Arquitectura: creación de escenarios onde levar a cabo a vida.

Forma: manifestación do carácter permanente da arquitectura. Elemento disciplinar fundamental. Manifesta o proceso constructivo (tipo)

Tipo: manifestación do proceso de construcción de arquitectura. Estructura que explica a forma e vaise construindo segun a necesidade e según as aspiracións á beleza.

Beleza: relación individual dentro do conxunto.

Temos que ver a cidade como arquitectura, ver a súa estructura, como se constrúe...

A cidade está composta de elementos primarios, monumentos, cultura, colectivo; de elementos secundarios, residencia (necesidade) Preocupase de entender qué constrúe o home e que relación produce isto. A forma da cidade está relacionada coa forma das arquitecturas que se constrúen. Relación directa tipoloxía constructiva e morfoloxía urbana.

Conceptos:


  • tipo
  • forma, permanencia
  • cidade (consecuencia do feito urbán)
  • locus (importancia do lugar, condiciona a arquitectura pero non pode ser unha estratexia) A arquitectura evoca e plantexa unha relación co lugar.

Método: plantexa tres escalas no estudo da paisaxe urbana.

  • Rúa
  • Barrio 
  • Cidade
Rúa: fundamentalmente o parcelario e o plano (planimetría) estudo dos inmobles. Bloques separados, unidos, ocupando toda a parcela. Establece categorías tipolóxicas para aclarar o método de análisis.  ¿qué repercusión ten a normativa na forma? Estudase a través das infraestructuras, con datos históricos...
Apoiarse sempre en datos para obter unha clasificación explicativa do método constructivo. 

O mesmo faría no barrio ou na cidade.

No seu proceso de análisis coloca distintos elementos en distintos lugares para así obter as tesis que subxacen, as relacións que permiten a creación de ambientes onde desenvolver a vida.

O valor da forma, da relación e construcción. A arquitectura evoca situacións e relacións.