Páginas

jueves, 28 de octubre de 2010

Organismo e medio II

O importante son as relacións que se establecen entre os organismos e o medio. A arquitectura fai o que non é capaz de facer a natureza. A arquitectura é complementaria á natureza, ao medio e ás formas de relacionarse.

A loita pola vida (síntese entre organismo e medio), relación do organismo co mundo exterior. Caracterízase por pretender subsistir e procrear (moverse e reproducirse) (condicións fundamentais da vida)

A arquitectura é unha loita contra o límite, a ser capaces de loitar contra as condicións. A arquitectura é unha loita por controlar as necesidades do organismo e coñecer as necesidades do medio.

Adaptación: problema central da vida. A búsqueda do equilibrio entre organismo e medio e das condicións externas que proporcionan os materiais para a existencia pero que tamén impiden a súa expansión. Os materiais proporcionan vida e limitacións.

O organismo responde sempre ás condicións do medio pero o medio non responde ao organismo. A adaptación é un proceso continuo e constante. O organismo e o medio están en continuamente establecendo relacións.

O organismo cambia, cambia o medio, o medio cambia o organismo.

O medio é o elemento resistente, o home é o elemento flexible e variable nun medio que o vai cambiando. Calquer obxeto que vemos no territorio ó obxeto dun esforzo. Sostible a buscar unha solución a unha procura de esforzos para resolver as necesidades. (Isto último non é de Amos Hawley)

A adaptación representa un tempo ademáis dun esforzo.A adaptación temporal ás condicións.

A actividade é un reflexo do tempo no que se produce e do esforzo.