Páginas

jueves, 28 de octubre de 2010

Tipos de adaptación

Adaptación individual ou comunal (adaptación do agregado humano).
Un organismo en realidade non se pode entender por si só, por tanto a adaptación é un tema comunal, o individuo é unha abstracción. De xeito individual o individuo responde de forma xenética, por exempo, o pico, as garras... son adaptacións xenéticas ao medio. Afecta ó propio organismo.

Adaptación somática. é unha adaptación temporal que non afecta xenéticamente ao organismo. Cando falamos de adaptación estamos falando de todas as respostas do organismo. (moda, como adaptación temporal)

Amos Hawley fala da facilidade do home para adaptarse ao medio gracias, por exemplo, á posición erguida, a larinxe,... e á capacidade de pensar e por tanto crear ferramentas (resposta da capacidade mental, conseguir un elemento externo que lle permite mellorar e adaptar as condicións do medio) Polo tanto é unha acumulación de experiencia e imaxinación.

A tecnoloxía abre por tanto camiños a novos cambios, novas transformacións e a novas relacións.

Un risco da ferramenta é a superespecialización (produce inadaptación e excesos). Cando existe corremos o risco de inadaptarnos, xa que supón menos esforzo .

A adaptación comunal:
non se logran adaptacións ao medio soas, é un fenómeno colectivo que implica a todos os organismos do medio (dunha área concreta). Polo tanto, aparece a cooperación que é unha necesidade colectiva para a adaptación que aporta un aforro na enerxía e nas dificultades para a vida.

Como resumo de adaptación constante ao medio no tempo, pódese dicir que é un proceso constante. O territorio é un elemento en contínuo cambio. O que debuxamos nun plano é un momento, algo temporal, xa que o territorio está cambiando.  Para representar o cambio podemos facelo a través das permanencias, aqueles elementos que non varian, fixos que indican que o resto se move.