Páginas

jueves, 14 de octubre de 2010

Organismo e medio

Para calquera tema de investigación é importante definir o ámbito de aplicación.

Materia viviente e non viviente. O máis difícil é definir a palabra vida. Hai un rasgo distintivo da materia viva, a capacidade de movemento. Só as cousas vivas poden realizar unha actividade. As funcións da vida, medrar e reproducirse.

O gran problema da arquitectura é o non asumir a capacidade de movemento. Non é bo nas restauracións intentar imitar o feito noutros tempos, a vida vai cambiando. Calquera manifestación da vida leva vinculada outra cousa.


  • capacidade de variación ilimitada
  • responde ás condicións externas
  • podese mostrar de forma moi distinta
  • a vida está variando constantemente
  • conleva necesariamente un espacio no que realizar a súa actividade.


A vida é unha síntese entre organismo e medio.

O medio engloba todos os factores e forzas externas aos que resposta, efectiva ou potencialmente, un organismo ou agregado de organismos. O medio é o conxunto de formas externas.

¿que comprende o medio? as materias primas da vida e as condicións que afectan ao seu uso. Tanto organismo coma medio están nun proceso contínuo de adaptación. O medio é sempre un elemento escaso. Hai unha variedade ilimitada de posibilidades, como pode ser a temperatura, o clima, a explotación... O medio está sempre suxeito a cambios destes fenómenos.