Páginas

jueves, 14 de octubre de 2010

Ecoloxía humana

Libro Ecología Humana. Amos Hawley. (ver)

Ecoloxía ven da palabra grega oikos, que significa casa. Este concepto utilízase por primeira vez na década de 1880. Ecoloxía é o estudo da relación dos organismos ou dos grupos de organismos co seu entorno. Básase na percepción do mundo. Baséase na observación. A experiencia sempre está por encima da representación. Entende a vida como unha serie de relacións mutuas. Encárgase da observación, da adaptación ao medio.

Todos os organismos realizan actividades encamiñadas a adaptarse ao medio. Temos que ver como é o medio para poder adaptarse. No plano debemos buscar os elementos que condicionan as relacións, elementos que reflexan o proceso de adaptación do home ao medio.

A ecoloxía encárgase do estudo dos elementos do medio polos cales se consigue a adaptación e se mantén. A vida dun organismo está ineludiblemente ligada ás condicións do medio. Non se pode entender a vida sen medio e viceversa. A vida é intrínseca ao medio.

Condicións do medio: topografía, clima, augas e outros organismos e as súas actividades.