Páginas

jueves, 10 de febrero de 2011

Estudio da vivenda rural

Vivenda= célula mínima, compoñente básico do núcleo. Conceptos de protección, relación co lugar e superviviencia relaciónanse con ela. A vivenda rural, especificada por caracteres que a cualifican "agrícola, rural, popular, anónima"

 
É unha vivenda anterior á revolución industrial. suxeita á economía agraria. Organización familiar. Dependente do medio.

 
  • Popular (responde a patróns dunha época)
  • Anónima (pautas compartidas, non precisa de proxectista)
  • Agrícola (depende dun sistema económico concreto)

 
Responde a patróns establecidos no tempo. ¿cal é o interés do seu estudo hoxe? É o último escalón na evolución no proceso adaptativo. Reflexa a creación de condicións para adaptarse ao medio. Exemplo de control e adaptación ao medio. É mostra dunha cultura que existiu e deixa pegada. É un elemento de investigación. Valor etnográfico cultural, antropolóxico, etc. A través da súa adaptación explica os procesos de colonización do territorio. Ten un valor sentimental, lembra unha vida sen especulación, intermediarios, etc. un tempo perdido.

 
Estudo para obter datos de sobre o que é arquitectura.
 
No estudo da vivenda popular obteñense datos para enfrentarnos ó problema real. ¿por qué suscita interes? Nos anos 60, exposición no MOMA, expúxose "Arquitectura sen Arquitectos" de Rudofsky. Arquitectura do poder vs arquitectura que reflexa a vida diaria do home e denominaa arquitectura popular (mostra o xeito de vida da xente nun momento concreto)

 
Amos Rapoport: Vivenda e cultura 1972. Tamén ve o interese na arquitectura popular. Ve a arquitectura como reflexo dos cambios sociais.

 
Chirtopher Alexander. Linguaxe de patróns. 1977. Reflexións de pautas culturais que establecen formas de espazos de uso. Pautas culturais formalízanse na arquitectura, que amplían o concepto de arquitectura.

 
Escrito de Ignasi de Solá Morales, sobre a arquitectura popular. 1984. Fronte ó coñecemento ilustrado, extraer os valores da arquitectura popular. Arquitectura ó marxe de calquera valor formal, encerra os valores humanos tradicionais e usa unha tecnoloxía baseada nas posibilidades formais dos materiales.

 
¿Valores? Xeito de vivir da xente e posibilidades dun material. Frente á tecnoloxía agresiva (muro cortina) a tecnoloxía pasiva (galeria). Uso de tecnoloxía axeitada ó lugar fronte á tecnoloxía especulativa.  Buscar as alternativas á arquitectura tecnolóxica.

 
Manolo Gallego. Arquitectura popular é a resposta á necesidade de habitar. A fiestra é a relación interior exterior, relación co lugar, relación do privado co mundo onde se vive. Estudo dos elementos que compoñen a arquitectura.

 
¿Cómo estudiar a vivenda rural?

 
  1. Punto de vista ecolóxico. Etapa do proceso adaptativo do home ó medio. Entendémola como un artefacto que se adecúa na sua funcionalidade ás condicións no medio. ¿cómo se accede? ¿como abre a porta? ¿control climático? (ex fiestras)¿hacia onde mira?
  2. Punto de vista xeográfico, liberada de prexuizos culturais, entendémola como ferramenta agraria, como un utensilio máis. É para usar. Condicións de refuxio e protección. Vencellada a arquitecturas complementarias, faiado, horta, hórreo, eira, corte... etc
  3. Punto de vista etnográfico-cultural. Casa despréndese da funcionalidade, representando a cultura colectiva, dos convenios, representación familiar das pautas culturais colectivas. Ex cruz e lanza no hórreo, decoración da fiestra, gran chimenea. Permite ver a época de que é, e a transformación acadada ó longo do tempo. Buscar as pautas culturais máis profundas. Ex timbres en Amsterdam.Descubrir que elementos representan pautas culturais adquiridas ao longo do tempo.

 
Cultura. Uso humano. Tecnoloxía

 
¿como se usa e a que momento responde?
Partindo dun pequeno elemento (vivenda rural) somos quen de comprender o territorio. A área cultural é determinante para comprender o territorio. O xeito de aprender é valorar como inflúe a obra arquitectónica no seu entorno, que nos suxire, que nos fai pensar, xa que a arquitectura é a resposta creativa ó problema que se lle presenta.

 
Temos que ser quen de aprender tanto de Siza coma de Koolhaas coma da arquitectura popular. A arquitectura non é para falala con quen non a entende, nin nunha cafetería. É para reflexionar sobre ela, estudiala para o aprendizaxe propio.

 
Comprender o territorio->debuxos
Comprender a arquitectura->análise de elementos.