Páginas

jueves, 24 de febrero de 2011

O territorio de Galicia

Abel Bouhier. La Galice Essai geographique d´analyse et d´interpretacion dun vieux complexe agraire. 1977.
Xaquin Lorenzo. A terra. Historia material de xeografía e Historia de Galicia. 
Ramón Villares Historia de Galicia 1991
José Fariña Tojo Los asentamientos rurales en Galicia 1980
Ramón Otero Pedrayo Guía de Galicia 1945


Galicia ten 29.000km2 e uns tres millóns de habitantes, pouca densidade. 31.000 poboacións, dispersión. Hai a metade de entidades de poboación de España, sendo o 7% da poboación. A parroquia ten entorno aos 10 km2.

A poboación tivo unha importante migración nos anos 20 e 30 a América, sobre todo a Arxentina. Nos anos 60 e 80 migraron 80.000 persoas a Europa. Tamén houbo unha gran migración interior a Madrid, Barcelona e Vizcaia.

Otero Pedraio: a historia está relatada nos camiños.
Todo o territorio está humanizado. Por iso todo está nomeado.  Existen fundamentalmente tres elementos que organizan o territorio. Castro, vila e parroquia.

Castro como xeito de habitar a terra, a colonización do espazo natural. Coa chegada dos celtas comezan a organizar a terra, a colonización do espazo natural. É o refuxio da poboación cercana ós espazos amurallados, con casas, cidades habitadas , son as citanias.

-Os castros e citanias están cerca de lugares con auga e en lugares con unha posición dominante. Esta é a primeira organización do territorio.

-Villae: no ano 137a.C Os romanos acaban conquistando estas terras nas guerras Cántabras. Esto da lugar a cidades como Lugo, que eran asentamentos militares. A tenda romana tiña 27 pés romanos (1 pe romano " 23cm).  Sendo un pobo conquistador, non fan que os galegos emigren. Hai unha conviviencia entre dúas culturas. Aquí en Galicia non se fan cidades, senón que se constrúen coa organización que había. Sen embargo os romanos necesitan organizar o territorio: villae como unidade xurídica e económica e que explota unha gran extensión de terra. Conviven con pequenas parcelas dos siervos. Potenciábase a agricultura.

Os castros utilizaban os medios que tiñan da maneira que podían. Aquí en Galicia utilízanse a pedra, emprégase a pedra porque é o que hai ao lado.

-Parroquia: ligada ao cristianismo. Prisciliano é un monxe que acaba executao e que une as adoracións panteísticas co cristianismo. En Galicia segue existindo unha tendencia ao panteísmo. Aínda hoxe existe unha asociación de lugares naturais e os lugares sagrados, cristianízanse actividades ancestrais. Por eso aparecen igrexias nos castros.

A parroquia é a célula básica que organiza o territorio. Pero sobre todo organiza a sociedade. É unha unidade que ten varias aldeas. Organiza esa estructura de aldeas. A parroquia é unha poboación, non un territorio, os seus límites non son administrativos.

Os conventos e mosteiros van asociados á parroquia. Organizan o territorio e a organización eclesiástica. En 1214 peregrina a Santiago Francisco de Asís e trae a orde dos Franciscanos. Estes son os grandes enterradores. Onde hai unha igrexa hai un ceminterio.

Os señores, servos e curas obligaban ós foros, a facendeira (sustento), ó xantar e a loitosa (tributo á morte). Distinguían a poboación dos foros en señores, servos e curas. Obrigábase ós servos a adicarlles horas de traballo aos señores, dar comida e cobixo e pagar diezmos para o enterro.

Temos unha actividade, unha xeografía e unha xente.



Composicón xeolóxica basada en granito e pizarra.

Galicia ten 1200 km de costa. As rías son o gran fenómeno distintivo da nosa terra. Son como vales inundados. Son espazos agarimosos donde podemos producir no mar.

Funcionamento dunha ría: é un lugar de moita riqueza ecolóxica e productiva. Hai unha auga superficial que pertence ao mar e por abaixo a auga da ría.  Son montañas redondeadas coa topografía dos vales. Cambia sustancialmente as condicións climáticas, existen microclimas. Zonas de benestar, protexidas do norte e moi soleadas.

O minifundio está asociado en Galicia ao policultivo. Esto ven dende os romanos. A pequena parcelación e a poboación dispersa xenera unha paisaxe moi distintiva .

Galicia é a unión de microclimas, minifundio, policultivo, poboación dispersa...

A revolución irmandiña. Por primeira vez faise unha unión entre distintos colectivos, hermandades, servos... e destrúense castelos

SXVI Chegada dos Fonsecas (Hospital Real, claustro da catedral...)
SXVIII Batalla de Rande (Borbóns)

O camiño de Santiago non estructura a vida da poboación galega. O camiño ten outro interés. Cando se fan recorridos de autobuses non se inclue o camiño. O camiño de Santiago é un camiño cultural.

Santiago é o culmen do saber construir. Representa todo o coñecemento adquirido. A actividade, a técnica cambia a maneira de usar o solo, e sen embargo, a distribución do solo non cambia. Unha actividade enriquece o solo e sen embargo non o modifica.