Páginas

jueves, 4 de noviembre de 2010

A interrelación da vida

A trama da vida. A relación entre as distintas formas de vida é unha relación complexa, que ten moitas posibilidades (combinacións), e ademáis os organismos están interrelacionándose.

A cadea de alimentos. Existe unha retroalimentación. A trama da vida é unha metáfora que nos explica a multiplicidade de relacións: a simbiose e comensalismo.

A simbiose é a relación de dependencia mutua entre organismos desemellantes. Existe esta relación porque os organismos se complementan. ¿onde se asentan os cultivos? nos lugares máis adecuados. Cando vemos unha zona vemos que funcións se poden levar a cabo alí.  Prima a idea de colaboración, formas de axuda.
O parasitismo é unha forma de simbiose na cal un organismo se aproveita do outro ainda que non o perxudica. Por último está o ilotismo (escravitude)

O comensalismo é a competencia, a loita entre elementos, a expresión máis elemental. A competencia está nun grao similar á reproducción, está inherente en nós. Ás veces é un estímulo. Amos Hawley di que a competencia pódese medir polo número de individuos dun área. Unha cebra debe loitar con outra cebra, correr máis ca ela, non máis ca unha leona. Na competencia, o valor da cantidade pode servir para defenderse mellor. A simbiose é unha relación entre especies e o comensalismo é unha relación dentro das propias especies.

As especies son importantes dentro do estudio ecolóxico dende o punto de vista ocupacional, non dende a forma.