Páginas

jueves, 24 de marzo de 2011

CIAM

CIAM Congresos Internacionais de Arquitectura. Un intento colectivo por indagar nos problemas da cidade. Un conxunto de arquitectos poñen en común todos os seus coñecementos.

CIAM I 1928 La Sarraz (comentado en dia anterior) Declaración de principios. Tocan puntos como a estandarización, a técnica moderna, a economía, o ensino á xuventude...

CIAM II 1928 Frankfurt. "Vivienda para el mínimo nivel de vida" destaca porque fai unha búsqueda de tipo de habitación, o máximo confort co mínimo de economía. Destacan Gropius, Alvar Aalto, Sert, que se suman neste Congreso.

Tócase un tema e profundizase nel ata chegar a conseguir a mellor  calidade do espazo. Os CIAM son movementos de búsqueda, de entender unha serie de normas que se puidesen poñer en común.

CIAM III 1930 Bruxelas. Loteo Nacional. Cornell van Eesteren destaca neste CIAM. Trata a casa máis alá do límite da casa. É o tema de agrupación, a casa e o seu entorno. Esto é importante por seu un paso máis alá. Facer a cidade a partir dos elementos mínimos (parcelas).

CIAM IV 1933 Atenas. Carta de Urbanismo. Carta de Atenas. é un conxunto de reflexións que se plasman nun libro. Edición levada por Lluis Sert. Consiste en estudiar o estado actual das cidades, coñecer os problemas e propoñer unha solución.  Consta de tres partes:

  • Xeneralidades: entender a cidade  e a súa rexión
  • Analiza a cidade de forma crítica. Críticas e remedios: estado actual das cidades.
  • Conclusións
O home ten catro tarefas básicas (habitación, esparcimento, traballo e circulación)

Falan da colocación de cada función no lugar máis adecuado (zoning). 

A Carta de Atenas establece temas fundamentais, a escala humana e tamén  as relacións individuais e co ambiente. O solo e o respeto ás leis da natureza. Intención e persecución das ideas do movemento moderno. A orientación terá unha importancia vital.

A publicación foi en 1941 por Sert e Sigfried Giedion. 

CIAM V. París 1937 " Vivienda y recreo ". é un ano importante. Guernica, Casa da Cascada, Cine Avenida... Plantéxase sobre todo o tema das horas libres. a máquina cambia a concepción. Hai necesidades novas xa que a máquina reestructurará a vida. 

CIAM VI. 1947 Bridgewater. "Diez años de arquitectura moderna y urbanismo" Sert pasa a ser o director destes congresos, era un gran organizador. Tiña a capacidade de unir a xente con distintas ideas. Mantivo o espírito dos CIAM. Introduce unha exposicón de proxectos urbanose comezan a introducirse conceptos éticos, socias, estéticos... Busca introducir ao home.

CIAM VII 1949. Bergamo "Los alojamientos de la arquitectura" Moitos dos principios que se desarrollarán aplicáronse en parte, polo tanto, a experiencia americana da posta en práctica da Carta de Atenas non deu bos resultados.

CIAM VIII. Hoddesdon. "Hábitat, el corazón de la ciudad". Para reconstruir a cidade hai que reconstruir o seu corazón. Unha cidade debe crear un centro capaz de aglutinar as funcións importantes. O corazón como elemento que fai sociedade e crea relacións. ¿É posible crear un marco de sociedade no que se poida crear unha convivencia se a sociedade non está estructurada e non se sinta identificada?

O aspecto do corazón da cidade, algo creado polo home, que absorbe na súa forma as necesidades cambiantes, é dicir, ser capaz de recoñecer a sociedade, debe ter elementos que estén por encima da época, que resitan no tempo; por tanto non pode ser demasiado ríxida, debe admitir cambios e debería ser capaz de entender a evolución social. 

Sumario de los caracteres necesarios del corazón:
  1. En cada ciudad un solo corazón
  2. Artificio, obra del hombre
  3. Peatonal
  4. Viario rodado solo hasta la entrada
  5. Publicidad organizada y controlada
  6. Posibilidad de introducir elementos móviles
  7. Debe hacerse de acuerdo a la modernidad y en colaboración con otros artistas.
1952. Suecia. Non chega a ser Congreso e séguese discutindo sobre o hábitat, o corazón das cidades.
1954. "Planificar para la arquitectura"
1955 Dubrovnik. Congreso X. "Problemas del hábitat"
1959 Otterlo Disolución dos CIAM