Páginas

jueves, 10 de marzo de 2011

Proxectación da cidade moderna

La proyectación de la ciudad moderna, Leonardo Benévolo 1969

O fenómeno de conurbación de Patrick Geddes como un concepto unificador, os límites administrativos dexaban de ter validez, os pobos quedaban absorvidos polas cidades.

La arquitectura moderna debe sugerir un nuevo tipo de ciudad. Benévolo plantexa que xa que se vai a relacionar e contrapoñer a algo, define esa cidade da que parte o movemento moderno. a solución que da o movemento moderno a esa cidade que definía Patrick Geddes. Benévolo describe a cidade de finais do S XIX, a cidade coa que se atopa o movemento moderno.

Describe a cidade de entreguerras. Nesta época desaparecen catro imperios, o otomano, o ruso, o alemán... é poca de nacemento do nazismo. Aparecen o socialismo utópico e o movemento obreiro. Estamos nun momento de crecemento desmesurado. É o momento de publicación de "El proceso" de Kafka, publicada postumamente no 1925, Chaplin...

Aparece o estado nacional, é dicir a existencia de control. Desaparecen os artesáns e aparece a industria. A Bauhaus é unha escola que está entre o conservadurismo e a confianza na máquina. Neste contexto de tanta efervescencia dalle pé a Benévolo para describir a cidade neoconservadora ou posliberal.

Trátase dun xeito de facer urbanismo, que se forma na segunda metade do século XIX, causado polos rexímenes autoritarios que xorden despois das loitas revolucionarias. Benévolo define a cidade neoconservadora coma unha serie de praxis urbanisticas. ¿cales son as súas características? está rexida por leis de composición clásica ou barroca, trazados; é compacta e as rúas son soamente canles de comunicación.

Tres stándars:
  • rue corridor: tubo de acceso ao comercio. Enlace de comunicación. Entre o espazo público e o privado só hai  unha fachada. Pérdese a idea de trazo. A praza pasa a aparecer coma un ensanchamento das calles. Todo está ligado ao comercio. As vivendas dependen da organización do comercio. Non se colocan en función da orientación senón que todo está supeditado á rua
  • barrio residencial extenviso. son un conxunto de vivendas situado onde hai sitio para elas, normalmente fora das cidades, de vivendas unifamiliares e que recollen as esixencias e preferencias burguesas. Benévolo di que o movemento moderno tense que enfrentar á esa cidade supeditada ao gusto burgués.
  • a periferia. Zona nin urbana nin rural, que se alonxa cada vez máis da cidade. Como unha coroa que vai medrando. Nelas vaise colocando todo aquelo que non cabe na cidade, escolas, vivendas...

O Movemento Moderno debe suxerir un novo tipo de cidade que se contrapoña co que hai. Cando adquire carácter científico pódese considerar movemento, é dicir, ten que haber unha investigación detráis de cada proposta. Esixe unha revisión crítica do sabido e aprendido. Tamén significa que organiza as experiencias. Compartir as experiencias.

Capacidade de incorporar aportacións sucesivas, isto significa que unha obra non está acabada, sempre se poden acumular experiencias e aportar novas cousas.

Control de resultados, ser capaz de autocriticarse.

¿cómo se opón a esa cidade o movemento moderno?

  • como vanguardia, chea de modernidade. A idea de modernidade é que o home debe descubrir as necesidades, evitar o superfluo. Modernez é estar na onda, iso é malo, a modernidade implica a confianza na condición humana. A confianza nun mesmo.
  • Análise crítico riguroso, a través dun método sistemático. Apartaban os elementos e analizábanos independentemente. Análisis sistemático por partes. Análise do individuo, como vive, o que necesita, ..  (análise da realidade do momento)
  • A acesibilidade non debe condicionar a vivenda, a vivenda debe ser colocada e orientada en función da súa propia funcionalidade. Debemos loitar contra a supeditación da vivenda á rua. Debemos rexeitar a idea de parcela-edificación. Outra cousa é coidar as condicións mínimas que deben ter as vivendas. Aparecen os polígonos, en donde xa non importa a parcela senón a agrupación.

Todas as vivendas entre elas deben ter uns espazos de relación. Investigación das agrupación de vivendas: os barrios extensivos son caros porque esixen transporte, moito desprazamento e porque o acceso é dificultoso. Non critican abertamente o barrio extensivo porque a vivenda forma parte do seu programa. O único que critica son os dous puntos anteriores.

Nese momento plantexase a construcción en altura. Gropius fai un estudo sobre as distancias e as alturas. Hai dous tipos de edificación en altura, vivenda laminar (10 plantas con ascensor) e os bloques acomodados, que e adaptan ao territorio e o edificio pode ser unha infraestructura. Convivindo con eses bloques temos a vivenda aillada, os bloques a media altura e a vivenda en hileira.

A carta de Atenas pon por escrito todos estes plantexamentos