Páginas

jueves, 17 de marzo de 2011

Resposta á cidade neoconservadora. CIAM

A resposta do movemento moderno fronte á cidade neoconservadora a través de leis hixienistas. Contra o barrio extensivo a cidade aberta, contra a periferia os novos tipos edificatorios.

Mov Moderno, confianza no progreso, é sempre avance (hoxe sabemos que non sempre)
¿cal debe ser a cidade que recoñeza os avances da época?¿como construila?¿responde á epoca?

Destrucción dos modelos herdados. ¿como vive o home? ¿como se agrupa?¿cal é o novo concepto de hixiene? Plantexa o tema da residencia como obxeto básico de análise. ¿por qué o edificio ten que estar vencellado ao lugar? Concepto de tipo. Investiga sobre el, sobre a súa organización. Descompono en elementos para analizalo.

Estado das superficies mínimas. Vencellase ao social, un individuo, unha habitación ¿tamaño?
Estandarización, busca dos mínimos que respondan á demanda social (5 puntos de Le Corbusier) De todo isto subxace unha confianza no home. A arquitectura mellora, mellora o home. O arquitecto cambia a sociedade a través da arquitectura.

Isto implica reflexión: método constructivo, densidade (loita contra o hacinamento, teñen que parecer espazos libres e novas edificacións)  relacións de agrupación.

Novas edificacións, bloque laminar contra a densidade, con unha cruxía axeitada e con boa iluminación e ventilación. Conviven con edificios baixos e coa vivenda unifamiliar, outro tema de investigación.

Concepto novo, a unidade de habitación, células habitacionais, edificio cidade. Non segrega a vivenda da cidade, a cidade é unha agrupación de células mínimas.

¿Ata que tamaño pode crecer algo sen perder o seu caracter recoñecible = vecindade?

O polígono visto como paquete de cidade.




CIAM Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna.
Nacen para poñer en coñecemento as ideas dos arquitectos do Movemento Moderno e espallar os seus coñecementos. Unha nova arquitectura precisa de arquitectos que leven a cabo estes conceptos e actúen segundo isto. Son unha necesidade de loita pola supervivencia da arquitectura moderna fronte a unha arquitectura tradicional moi poderosa.

O Movemento Moderno fai reflexión constante sobre os principios da arquitectura, revisión crítica que propón unha nova arquitectura. Búsqueda dunha identidade, intentando identificar a súa arquitectura cos principios que defendían. Tiñan unha posición intelectual avanzada, rompen coa historia, e propoñen unha arquitectura expresiva da súa época.

Helène Mandrot. Mecenas fundadora da Casa dos Artistas en Paris, onde se xuntan Le Corbusier, Pièrre Chareau, Gulbenkian....

Concurso do Palacio da Sociedade das Nacións. Denegan ó premio a LC, otórgano a un hitoricista.

Cristaliza o MM, funcional, integrando a paisaxe. Fúndanse os CIAM en 1928 en La Sarraz, castelo de Hèlene Mandrot.

CIRPAC Comités Internacionais para a Resposta de Problemas da Arquitectura Contemporánea. Grupos racionais que organizan o que se debatirá no CIAM. Entenden e buscan o tema de discusión e preséntano no congreso.

Os congresos eran reunións de arquitectos donde se debaten as ideas propostas. As conclusións publícanse en manifestos que voltan ós países participantes.  O gallo é a expansión das súas ideas. Inflúe no mundo occidental.

Figuras relevantes: Le Corbusier, Mies, Berlage, Ernst May, H. Meyer, Rietveld, Marc Stam, Mercadal. Estiveron na declaración de principios en La Sarraz 1928.  Non son tanto as súas obras en sí, senon que cada unha das súas obras son un proxecto de investigación.

É unha declaración de principios.
Arquitectura expresa o espírito dunha época
Construcción e evolución, desenvolvemento do home.