Páginas

jueves, 3 de marzo de 2011

Patrick Geddes. Cidade

¿Como estudar a evolución?

É testigo dos cambios da cidade e explícaos. Non escribe libros, publícanse despois.

Patrick Gueddes era sociólogo, xeógrafo, botánico, biólogo... e senta as bases do urbanismo como o entendemos. Basea o seu traballo na experiencia directa e no compromiso, necesidade de información e facer partícipes aos cidadáns.

Frente á persoa que lee é a experiencia directa o que importa (critica a enseñanza escolástica). Foi o espectador da Revolución Industrial. Foi un cambio trascendental na forma de vivir. Asiste ás primeiras leis hixienistas e de expropiacións. Inicio dos procesos de rehabilitación dos espacios arrabales. Plantexa necesidades como a creación de espacios públicos e creacións de residencias de estudiantes.

A idea fundamental: Cidades en evolución. Non se estuda a cidade como un tratado histórico, senón dende o presente. Isto significa que a historia nunca está acabada, e inflúe no presente. Ver as etapas do pasado que están no presente (integración da historia) e ver como chega ao que é hoxe (evolución)
Só no presente está a realidade e as claves do futuro. Ter en conta cales son os factores que afectan ao cambio e cómo afectan (incorporar ferramentas científicas e técnicas). Queremos saber as tendencias que xa están no presente, só é necesario observar.

Evolución como tendencia. Coñecer as tendencias. Concepto dinámico, implica a evolución social e a investigación de traballo. Tratamos de entender as potencialidades do territorio. O noso plano debe representar a realidade e as potencialidades. O nivel de traballo (a escala de traballo) é a que interesa á sociedade. Non hai nada posible se non implicamos á sociedade.

O traballo ten que levar implícito un carácter didáctico, evitar falar de cousas abstractas, hai que falar dos problemas que lle afectan á xente, explicar o sentido do bo e do malo, correxir erros... A xente está bombardeada de imaxes e non pode distinguir o que etá ben do que está mal.

Crítica a cultura libresca: é importante aprender a vivir e a ler. Eliminación de políticas partidistas para poder actuar no territorio.  Visión global (sinóptica) da cidade, cidade aristotélica. Ter en conta a escala que interesa ao cidadán, o carácter didáctico e a visión global.

Mapa de poboación e conurbación

Nese momento él (Geddes) asiste á transformación da cidade. Xa non é unha cidade amurallada. Xa non se pode describir a cidade con medios xeométricos, descríbese coma un organismo. Conurbación: definición que da para definir a expansión da cidade. Cidade que aparece coma unha mancha que se expande. Son grandes áreas onde os límites da cidade coñecida se dilúen. É unha mancha unificadora porque rompe os límites, pero unifica o territorio.

Pregúntase polo papel do ferrocarril e polo papel dos administrativos, xa non teñen sentido.

Frente aos límites administrativos deberíamos buscar novos lazos. ¿como se estudian as manchas? En primeiro lugar hai que ver a importancia e ver as liñas de comunicación, as liñas de enerxía que posibilitan novas actuacións. Entendelas como empuxe, como organizadoras do desenvolvemento. Logo entender a relación entre os espacios que quedan entre as liñas.

Rexión urbana. Estudiando os pequenos pobos e as súas transformacións podemos entender, extrapolando, a transformación das cidades ( coñecemento científico)
O tamaño da cidade en función do tamaño particular de uso. A vivencia persoal da cidade. Non vivimos en toda a cidade, senón en lugares que se necesitan normalmente. O ámbito de uso dunha cidade non é o ámbito global. Ver o tempo que empregamos no uso da cidade que da unha referencia de escala global. A cidade xa non é a cidade histórica, xa é outra cousa, polo tanto é necesario plantexar outras cousas porque a vida é distinta, hai novos xeitos de vivir, hai unha nova organización social. Moitas degradacións nos centros históricos veñen derivadas de ese cambio no xeito de vida. Os novos xeitos de vida fóra da cidade teñen que ser distintos.