Páginas

jueves, 31 de marzo de 2011

Urbanismo dos CIAM. Plan de Amsterdam

Urbanismo: organización da totalidade de funcións da vida colectiva, na cidade e no campo.

La Sarraz: "a esencia do urbanismo é ordenar as funcións".

¿como xorde o urbanismo nos CIAM? Vendo as intervencións nos cascos históricos a finais do XIX en Viena, París, Barcelona... e as cidades xardín. Dualidade cidade compacta-dispersa.

Institucionalización das Garden City. Explicar a través de congresos as cidades xardín. Exposición Universal en Berlín. O urbanismo está en fase de ser o centro de discusión de Europa.

A Carta de Atenas é unha resposta a este movemento. Aparece entón o Plan de Amsterdam AUP. Ven precedido por Cornelius Van Eesteren que en 1923 xunto a Van Doesburg escribiu "Hacia una construcción colectiva" Para poder crear o novo necesitamos un método. Non é falar de un sistema obxectivo senón que será crear unha realidade de base xeral.

1924 "Hacia una arquitectura creativa"
1929 "Los decoradores se han vuelto superfluos"

Analizaron a cidade histórica para obter leis estéticas, traballaron só a pel.


Encárgaselle o Plan de Amsterdam a Cornelius Van Eesteren en 1928.  Plan pioneiro, é a primeira vez que un plan atañe a toda a cidade. Emprégase e sistematízase un método de traballo. Importancia da análise.
Apróbase no 1935. Consta de dous volumes de análise e 12 planos. Análise fundamental (2500 estudantes analizando o tráfico). O plan é unha síntese do existente máis o proposto. Síntese unidade compacta-dispersa, tradicional-xardín.

Tamén unha discusión sobre tipos de vivenda, tráfico (Hilberseimer) e utopías. Sintetizado todo nun documento. Entenden o presente como continuación do pasado, idea de transformación contínua da cidade.

Visión unitaria (ciencia-arte, función-símbolo) de outros puntos de vista.

Coa análise búscase a identidade. A realidade son as condicións físicas, xeográficas, arquitectura, sociedade, propiedade e formas de construir.  Por outra banda a análise debe ser flexible e acomodarse á realidade.

Plantexa crecemento por barrios, de 30.000 - 40.000 habitantes, autónomos na súa relación. Barrio: escala intermedia, con espacios aptos para a vida do home, con novos elementos e relacións (verde, canles, vías, ambiente)

Paralelo a isto os postulados radicais (garantizar o transporte, o traballo ...) como enuncia a Carta de Atenas.

O plan ten 15 apartados, pon de manifesto a gran incultura urbanística imperante en xeral. Buscan propostas previas que abran o camiño. Precede e serve de base á Carta de Atenas. É un plan científico e trata de encauzar o crecemento físico coma unha ordenación de fases temporales, desenvolvemento gradual con equilibrios parciais. Traballar por fases.

Nunha parte poderíamos condensar todo, a parte participa do todo.

Tanto da como sexa o crecemento (concentrado ou descentralizado) ten que resolverse por pezas autónomas que establezan os vínculos que se integren na estructura xeral.

O plan asigna usos ¿plan funcionalista? destaca funcións, pero ten a bontade de integrar os usos. Está revestido dunha gran racionalidade. A intuición é o elemento necesario para entender a cidade. O primeiro que fai o AUP é definir o ámbito de traballo. Alí desenvólvense as previsións. Unha vez definido o ámbito relaciónanse as actividades co espacio físico, vencellado á secuencia temporal (define elementos e o tipo de relacións)

O Plan sempre xoga con dualidades (ex. ciencia-arte) Sinxeleza de plan e programa contra a complexidade das relacións que ten que ter.

A búsqueda das esencias dos elementos ten como resultados as relacións formais entre edificios e as relacións formales entre as actividades.

A beleza orixínase a través do equilibrio visual dos elementos. Só se pode evolucionar dende a propia realidade.

I búsqueda do equilibrio por contraste e xustaposición de pezasI