Páginas

jueves, 18 de noviembre de 2010

Pronóstico e composición da poboación

-Coñecer o número e tipo de xente

-Formas de pronóstico:

  • método de proxección aritmética, gráfica poboación-tempo 
  • proxección xeométrica (non conta coas migracións)
  • método analítico: introduce variables coma os feitos económicos e sociais. Fanse segundo o desenvolvemento da sociedade. Variables a considerar no control da natalidade (tendo en conta o tempo de pronóstico) Levan a mecanismos de regulación como pode ser o control da natalidade.
O pronóstico ten riscos de erro, xa que non sempre se acerta coa introducción de variables, nin tampouco se pode prever con moito tempo por diante (mellor para pronósticos de poucos anos)

-Composición da poboación. Coñecer a estructura biolóxica dunha poboación, idades e sexo.  Como expresión gráfica representase coa pirámide de poboación, que representa a diversidade da composición da poboación por idade e sexo, representa porcentaxes.  

Na pirámide pódense ler feitos como guerras ocasionais, emigración, refléxase a evolución, as condicións socioeconómicas. Mostra a diversidade da composición do agregado humano. 
Xeralmente as mulleres teñen máis lonxevidade. Actualmente en Galicia existe unha pirámide invertida (máis ancha na parte superior)