Páginas

jueves, 18 de noviembre de 2010

Distribución da poboación

A poboación non se distribúe de xeito homoxéneo, é desigual. Concéntrase en grandes áreas.

A densidade de poboación nun área pódese medir (hab/Ha urbanistas) (hab/km2 xeógrafos) indica a xente que comparte un área. Indica á presión que exercen os habitantes no territorio e das posibilidades que hai. A densidade non é reflexo da urbanidade.

As formas habituais de asentarse van ligadas á productividade do solo e á accesibilidade. ->posibilidades de relación

¿como distinguir urbanidade de non urbanidade? Pola densidade social, capacidade de servicios e relacións que poden darse nese área.  Existen tres factores ou parámetros que indican calidade urbana, densidade social

  • volume de poboación
  • capacidade productiva
  • organización
hai que buscar o equilibrio entre as tres variables

A densidade é o índice que indica a adaptación da poboación e a capacidade de aproveitamento dos recursos. Reflexa a complexidade potencial da organización dun núcleo. 

O crecemento da poboación mostra a capacidade de adaptación ao medio, pero búscase un equilibrio. O equilibrio móstranos a variación da poboación, elemento máis variable. e con tendencia contínua ao crecemento. A poboación crece por natureza, disminúe a tasa de mortandade e aumento da natalidade, aumento do nivel de vida e factores técnicos... polo que aumenta a lonxevidade.

A migración, a movilidade. búscase unhas zonas onde hai a capacidade e expectativa de producción.