Páginas

jueves, 25 de noviembre de 2010

Xeografía rural. Os solos

O solo é a complexa combinación de materia mineral natural subxacente e xacementos orgánicos que proceden de sucesivas xeracións de vexetacións nas que se produce vida bacteriana, capa máis superficial e na que se produce a agricultura, tamén chamado espesor vital.

O solo é fraxil. Se a agricultura depende do suelo debemos mantelo porque é fráxil e precisa un coidado e unha renovación. Pódese manter aumentando materia orgánica. ¿como se forma o solo? a formación depende da constitución dunha capa mullida susceptible de ter vexetación. Conséguese por fragmentación e acumulación das rochas, por transporte eólico, transporte fluvial de sedimentos..., abonos...

A capa mullida pode ser permeable ou impermeable. Rambla, recorre os alubións, impermeable. En Galicia o terreno é moi permeable. Hai que valorar tamén a acidez do solo, silícea ou calcárea e a introducción de elementos orgánicos no propio solo.

O espazo agrícola é a base sobre a que se sustenga a productividade. Cando falamos de espazo agrícola temos que ter en conta o espesor vital, o mullido que sexa. É importante saber o pH e os elementos que o compoñen. Interveñen no ciclo do carbono e do nitróxeno. Importantes para coñecer as formas de cultivo.