Páginas

jueves, 11 de noviembre de 2010

Poboación e hábitat. Estudo da área natural

Entendendo ao home como organismo. Poboación é un agregado de cousas dispares ou individuos que cada un deles responde a unha definición dada e que mantén a súa identidade a través do tempo e existe durante un intervalo limitado de tempo. Leva implícito un lazo de relación, de pertenza. Exemplo: estudante, agregado que ten unha definición dada, que cada un ten a súa identidade e que só existe durante un tempo.

A poboación é un dato, é un algo abstracto, un número e non nos dá mais información ca o número de individuos. É unha primeira aproximación cuantitativa hacia os individuos. 

A poboación relaciónase cos conceptos de comunidade e hábitat. As súas peculiaridades afectan ao proceso de adaptación ao espazo.

HÁBITAT lugar de residencia dunha poboación ou comunidade, o espazo. Falamos do hábitat porque os seus condicionantes condicionan a adaptación. O hábitat é esa primeira fase que é o espazo. 

Hay distintas acepcións de hábitat para según quen:
  • área natural, é a primeira aproximación, calquera delimitada por costas, ríos, montañas, definida por elementos naturais ou calquera unidade fisiográfica. Área física recoñecida. Para os xeógrafos a rexión é calquera porción da superficie con condicións físicas que a delimitan como unidade recoñecida.
  • área cultural, depende de focos onde se atoa a cultura, atópase ligada a anacos de terreo, pero non está distribuida homoxeneamente, senón que se dispersa, os feitos culturais vanse expandindo de forma gradual en función dos puntos focais. A distribución pode ser lineal, ex ligada a un tranvía aparece unha tipoloxía..., ou nuclear, pero nunca é homoxénea.
O importante é a relación entre ambas áreas. Cando falamos de área cultural falamos da área de uso humano. Polo tanto, introdúcese un novo concepto, o de uso. ¿como se explica a área cultural dunha praia? ¿como son os lazos e relacións entre a xente de hoxe? Debemos entender a praia como un espazo colectivo público onde se reunen e logo desaparecen. Isto non ten nada que ver co que está detráis que é a parroquia e as relacións que ten, que son distintas.

O determinismo do medio inflúe no xeito de desenvolver a vida humana (postura determinista); o medio inflúe e limita, pero non determina (postura posibilista).

Rexión é a área dentro da cal a combinación de factores demográficos e o medio crean unha homoxeneidade social e económica.  (resultante de poboación + medio)

Para entender todos os elementos que influen na sociedade, podemos incluir algúns elementos ou actuacións humanas que sí inflúen na sociedade que desenvolven. 

Ao estudar a área natural deberíamos estudiar os factores de interese da sociedade, incluíndo tamén a capacidade tecnolóxica do medio. Neste caso a área de relación aumenta.

Incluindo estes dous aspectos anteriores poderíamos definir as áreas con maior facilidade. Hai certos aspectos culturais que implican territorios máis amplos. Existe unha relación entre a área natural e a adaptación. No proceso de adaptación sempre se fai un reflexo do medio físico.

Para o estudo da área natural e cultural, aínda segue sendo importante a área política. Os datos sempre se apoian en datos políticos.