Páginas

jueves, 4 de noviembre de 2010

Desenvolvemento da comunidade biótica. Posto do home.

A comunidade, ao igual que un organismo varía sempre. Está sempre en proceso de transformación e adaptación (é fraxil). 3 ciclos fundamentais na adaptación:

  • invasión
  • competencia
  • establecemento (asentamento)
Posto do home na comunidade biótica.
O home vai a organizar a cadea. Forma parte da comunidade biótica, pero a súa relación difire das outras especies. Primeiro, non ten o mesmo nicho. Ten variedade de funcións, ten técnicas e ten moita variabilidade. Pode variar na cadea. Por exemplo, é omnivoro e polo tanto na cadea alimentaria xoga un papel importante, ten moita cantidade de alimentos. Pode vivir en lugares moi distintos. Ten ferramentas. Versatilidade para relacionarse, atópase en todos os hábitats do planeta e pode relacionarse en todos.

Se o  home non é capaz de gobernar o medio, poderíamos clasificar as poboacións en función da capacidade de adaptación. A cidade é o culmen do home sobre o medio. O papel do home no medio é de dominación porque ten moita capacidade adaptativa (ferramentas e memoria) (inventa e ten acumulación de experiencia) o que conleva a crear cultura, reflexo da capacidade humana de respostar ás condicións externas.

Factores (condicións de medio físico e hábitos e desexos do home) asociados ao home na comunidade biótica:
  • condicións do medio: clima, suelo
  • aspiracións da xente: desexos...
"a cidade é a expresión máis completa da dominación humana"