Páginas

jueves, 25 de noviembre de 2010

Xeografía rural. Espazo agrícola

Pierre George, 1909 - 2006 ver noticia en El País

Libro "Compendio de Geografía Rural" 1963

O medio e o territorio están relacionados. Os países industrializados describen a industrialización como o final da agricultura. A importancia que segue tendo a agricultura actualmente é que segue sendo fundamental na vida humana e na disposición do territorio. A agricultura é na forma que máis se relaciona o home e o medio. Construcción territorial. O home intervén contra os parásitos, os axentes atmosféricos, as enfermidades, na procura un solo adecuado para a agricultura.

"A agricultura loita contra as inclemencias na procura de suelo adecuado para a producción, un suelo donde medrar."

Debemos darnos conta de que o territorio que vemos está manipulado, non é unha tabla, todo o que vemos é froito dun esforzo.

Pierre George estuda o territorio a través.

  • espazo agrícola
  • ritmos estacionais
  • solos
  • enfermidades e parásitos
  • técnicas
ESPAZO AGRÍCOLA diferénciase das outras actividades en que a unidade de medida é a superficie. O solo valórase en función da súa productividade. O uso do suelo en base á sua producción e medido en superficie. O ferrado é unha peza de madeira que mide a producción de grao dun solo. Polo tanto mide a productividade do solo e polo tanto mide a superficie.
O traballo non se mide en horas, o tempo mídese por ciclos, non comeza ou acaba a outra hora, o traballo depende do tempo.
As condicións naturais impoñen límites. O espazo natural pon límites ao traballo agrícola. Os límites varían dependendo da capacidade económica e técnica do agricultor, e polo tanto os límites poden variar. O elemento natural pon límites ao espazo productivo.

Distribución por zonas do espazo agrícola en dúas escalas, a escala global e a escala local. Hai unha zona entre o deserto e os polos na que podemos cultivar, escala global. 
Hai unha escala local na cal temos que ter en conta os vales, os rios,... que son límites isométricos (altura), higrométricos e edafolóxicos (composición do solo)

O resultado do espazo agrícola é a búsqueda dun equilibrio entre a capacidade da técnica e da capacidade do medio físico. A producción e o límite dun espazo agrícola, depende das condicións da constancia (coidado continuo do terreo)

A loita pola conquista do espazo agrícola e contínua. Debe ser unha acción voluntaria e constante. Sinalar dous conceptos: a sustitución de especies, cambio por outras máis productivas, e a acumulación de experiencias colectivas, aprendizaxe de outras técnicas, para conseguir un producto.  Isto implica coñecemento.

O espazo agrícola é consecuencia de procesos contínuos.
¿como se conquista o espazo agrícola? Primeiro hai que liberar o solo de vexetación natural e preparalo (a rotulación), logo ven a irrigación e a bonificación. Transformamos espazo natural en espazo agrícola. A técnica fai que este proceso sexa máis fácil. O espazo agrícola é o primeiro punto que nos indica a capacidade técnica detrás da súa conquista. Ver o que subxace, que técnicas, que esforzos...

A agricultura é unha mostra da capacidade técnica e social da sociedade que está detrás.